HOXE ESTREAMOS MES!! ALÁ IMOS COAS PROPOSTAS PARA HOXE
* HORA DE LER: "LEMOS" DE XEITO AUTÓNOMO DURANTE 5 MINUTIÑOS A LECTURA QUE ESCOLLAMOS E EN CALQUERA.FORMATO.
* RUTINAS:
- O DÍA SEMANA: VOLVO DEIXAR A CACIÓN QUE USAMOS NO COLE PARA QUE NON SE NOS ESQUEZA!
XOGAMOS TAMÉN COAS LETRAS E OS NOMES DOS DÍAS:
O DÍA DE HOXE É...,ONTE FOI ... E MAÑÁN SERÁ...
- O TEMPO: ANDA ALGO REVOLTO, FIXÁDEVOS BEN CÓMO ESTÁ HOXE E SELECIONADE O CARTEL AXEITADO.
- O NÚMERO DO DÍA: HOXE COMEZAMOS NOVO MES E, POLO TANTO, NOVO CALENDARIO. PODEDES DESCARGALO AQUÍ OU FACER O VOSO PROPIO. DEBEREMOS ESCRIBIR O NOME DO MES ABRIL E O ANO 2020. LOGO COLOCAREMOS O NÚMERO 1 NA CELDA DO MÉRCORES E XA PODEMOS COLOREAR AO NOSO GUSTO.
*ASAMBLEA: HOXE PROPOÑO COMO TEMA OS MESES DO ANO. PODEMOS REPASAR AS ESTACIÓNS E RECORDAR ALGUNHAS CARACTERÍSTICAS DE CADA UNA DELAS: O TEMPO ATMOSFÉRICO, A ROUPA QUE NOSPOÑEMOS, AS ACTIVIDADES QUE PODEMOS FACER, O QUE MÁIS NOS GUSTA DE CADA ESTACIÓN.... LOGO RECORDAMOS OS MESES DO ANO, CONTÁMOLOS E PENSAMOS CAL É A SÚA LETRA INICIAL E INCLUSO SI COÑECEMOS MÁISLETRAS DAS QUE TEÑEN NOS SEUS NOMES.
DEIXO ESTA CANCIÓN DE MAGÍN BLANCO PARA QUE OS COÑEZADES MELLOR
*RELIXIÓN OU EDUCACIÓN EN VALORES:
PARA @S ALUMN@S QUE ESCOLLERON RELIXIÓN A MESTRA ESTHER DEIXOU UNHAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS QUE ATOPAREDES NESTE ENLACE
PARA O ALUMNADO DE ALTERNATIVA Á RELIXIÓN DEIXO ESTE CORTO DE ANIMACIÓN PARA QUE VEXADES E DESPOIS PODER CONVERSAR E REFLEXIONAR SOBRE O VALOR DA AMIZADE, OS DISTINTOS SENTIMENTOS QUE EXPERIMENTOU OOURIZO E A IMPORTANCIA E AS IDEAS D@S AMIG@S PARA FACELO SENTIR MELLOR.
*PROGRAMA DE ESTIMLACIÓN DA LINGUAXE ORAL: A ESPECIALISTA EN AUDICIÓN ELINGUAXE, A PROFE PAULA, DEIXOU ESTA PROPOSTA PARA A SESIÓN DE HOXE.
*HORA DO CONTO: COMO XA LEVABA MOITOS DÍAS SIN CONTARVOS UN CONTO, XA NON AGUANTEI MÁIS E DECIDÍN GRAVAR UN VÍDEO PARA ACHEGARVOS A HISTORIA DE COCORICO. É UNHA DAS MIÑAS PREFERIDAS ASÍ QUE ESPERO QUE VOS GUSTE TANTO COMO A MIN.
DEIXO TAMÉN A RECEITA DO BISCOITO DE COCORICO POR SI QUEREDES COCIÑAR O VOSO PROPIO BISCOITO.
DEIXO ESTE ENLACE PARA QUE PRACTIQUEDES A CANCIÓN, PORQUE COCORICO TEN CANCIÓN E TODO!
AGARDO FOTIÑOS DAS COUSAS QUE ANDADES A ARGALLAR!
UN DÍA MENOS!!! ATA MAÑÁ!
No hay comentarios:
Publicar un comentario