Páginas

miércoles, 15 de abril de 2020

PROPOSTAS MÉRCORES 15 ABRIL

BO DÍA A TODAS E A TODOS!

ALÁ IMOS COAS PROPOSTAS PARA HOXE

*HORA DE LER: ESCOLLEDE A VOSA LECTURA, BUSCADE UN SITIO TRANQUILIÑO E ADICADE 5 MINUTOS A DISFRUTALO.

*RUTINAS:

  • O DÍA DA SEMANA :  RECORDADE CANTAR A NOSA CANCIÓN E ESCOLLER O DÍA QUE É  HOXE,  O QUE FOI ONTE E O QUE SERÁ MAÑÁN




  • O TEMPO METEOROLÓXICO: MIRADE POLA VENTÁ E SELECIONADE A TARXETA QUE MÁIS SE AXUSTE

  • O CALENDARIO: CONTADE DENDE O PRINCIPIO ATA CHEGAR AO DÍA DE HOXE E COLOREADE   15
*ASAMBLEA: PARA HOXE PROPOÑO QUE FALEMOS DE COMO NOS SENTIMOS
OS ADULTOS TAMÉN PODEN E DEBEN PARTICIPAR E NON SÓ GUIAR A CONVERSA. FALAREMOS DE COMO NOS SENTIMOS NESTE MOMENTO E REFLEXIONAREMOS SOBRE COMO NOS GUSTA SENTIRNO E EN QUE MOMENTOS NOS SENTIMOS MELLOR. 
COMPARTIR E EXPRESAR SENTIMENTOS ENTRE NEN@S E ADULTOS É UNHA ENRIQUECEDORA EXPERIENCIA PARA AMBAS PARTES


*RELIXIÓN:  A PROFE ESTHER  DEIXA ESTE VÍDEO PARA AS NENAS E NENOS QUE VAN Á SÚA CLASE.DEBEREDES VELO E RESPOSTAR ÁS PREGUNTAS QUE SE FAN AO FINAL

*ALTERNATIVA Á RELIXIÓN: A PARTIRES DESTA IMAXE ANALIZAREMOS COMO SE ESTÁ SENTINDO O NENO EN CADA FOTO.    LOGO PENSAREMOS E COMENTAREMOS EN QUE MOMENTO OU SITUACIÓN NOS SENTIMOS ASÍ, QUE COUSAS OU ACONTECEMENTOS NOS PROVOCAN ESA EMOCIÓN E CAL É A QUE MÁIS E A QUE MENOS NOS GUSTA EXPERIMENTAR
imaxe obida de www.decohappy.com
SI VOS APETECE PODEDES ENVIARME  FOTOS COAS EXPRESIÓNS DA VOSA CARA,
SERÁ  DIVERTIDO!

*ASEO  E  MERENDA: LAVAMOS BEN AS MANS E MEREDAMOS BOCADILLO.
 COMO XA SOMOS MAIORES PODEMOS PREPARALO NÓS MESM@S E LOGO RECORDADE LAVAR OS DENTES!

*GRAFOMOTRICIDADE: DEIXO UNHA FICHA PARA IMPRIMIR, SI PODEDES,  OU PARA QUE VOS SIRVA DE IDEA E DESEÑEDES ALGO SIMILAR. O EXERCICIO CONSISTE EN TRAZAR OS CAMIÑOS DESTES VEHÍCULOS.  SÓ HAI UNHA NORMA, NON PODEDES LEVANTAR O LAPIS OU ROTU ATA CHEGAR AO FINAL.NON VALEN TRAMPAS!




* P..E.L.O (PROGRAMA ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL) PARA A SESIÓN DE ESTA SEMANA A PROFE PAULA NOS DEIXA ESTAS PROPOSTAS PARA TRABALLAR COS SONIDOS E COA NOSA LINGUA.  AQUÍ


BAHÍA EDICIÓNS PUXO A DISPOÑIBILIDADE, E DE XEITO GRATUÍTO, ALGUNHAS DAS SÚAS PUBLICACIÓNS, QUE PODEDES VER E DESCARGAR AQUÍ 

UN  DÍA  MENOS!!!                              ATA  MAÑÁ!





No hay comentarios:

Publicar un comentario