AS PROPOSTAS PARA HOXE SON MOI ALEGRES, XA VEREDES!
* HORA DE LER: ESCOLLEDE UNHA LECTURA, A QUE VOS GUSTE. PODE SER UN XORNAL, REVISTA, CONTO...E ADICÁDELLE 5 MINUTIÑOS A "LER" EN SILENCIO
* RUTINAS:
- O DÍA SEMANA: REPASAMOS A CANCIÓN E ESCOLLEMOS O CARTEL CO NOME DE HOXE, DE ONTE E DE MAÑÁN, FIXÁNDONOS NA LETRA INICIAL DE CADA
- O TEMPO: OBSERVAR O DÍA POLA VENTÁ E SELECIONAR O DEBUXO CORRESPONDENTE
- CALEDARIO: CONTADE DENDE O PRINCIPIO ATA CHEGAR AO DÍA DE HOXE, O NÚMERO 16, E COLOREADE A CELDA DA COR QUE PREFIRADES.
* ASAMBLEA: ONTE COMEZAMOS A FALAR DAS EMOCIÓNS, ESES SENTIMENTOS QUE EXPERIMENTAMOS, ÁS VECES POR REACCIÓN A DETERMINADOS ESTÍMULOS, ACONTECEMENTOS, PERSOAS...E QUE SON VARIABLES DEPENDENDO DA SENSIBILIDADE DE CADA QUEN. PROPOÑO AFONDAR UN POUQUIÑO EN CADA UNHA DAS EMOCIÓNS E COMEZAR HOXE FALANDO DA ALEGRÍA. ESTA É UNHA DAS NOSAS PREFERIDAS, E DEBERÍA SER O ESTADO EMOCIONAL QUE PREVALEZA EN TODAS AS NENAS E OS NENOS.
PODEREMOS INTRODUCIR VISUALIZANDO ESTE VÍDEO E COMPLETALO CUNHA CONVERSA POSTERIOR..
PODEREMOS INTRODUCIR VISUALIZANDO ESTE VÍDEO E COMPLETALO CUNHA CONVERSA POSTERIOR..
DEIXO UN ENLACE INTERESANTE COA EXPLICACIÓN DUNHA PSICÓLOGA INFANTIL
*LECTOESCRITURA: APROVEITAMOS O TEMA DA ASAMBLEA PARA XOGAR CON ESAS LETRAS. A L E G R Í A
- RECOÑECER CADA UNHA DAS LETRAS,INDICANDO O SEU NOME
- REPRODUCIR O SON QUE SE EMITE AO PRONUNCIAR CADA UNHA
- CON CADA LETRA RECORDAR O NOME DUN OBXECTO OU DUN COMPAÑEIR@ QUE A CONTEÑA
- ESCRIBIR UNHA LETRA EN CADA PAPELIÑO E PEGALAS ORDENÁNDOAS PARA FORMAR A PALABRA.
- ESCRIBIR A PALABRA COAS VOSAS PROPIAS LETRAS
*EDUCACIÓN FÍSICA: A MESTRA PAULA DEIXOU A PROGRAMACIÓN PARA A SESIÓN DE HOXE AQUÍ
* RUTINAS DE ASEO E MERENDA: HOXE TOCAN LÁCTEOS. RECORDADE LAVAR OS DENTES AO REMATAR E AS MANS ANTES E DESPOIS E FACELO SOL@S, QUE XA SODES MAIORES!
"EXPRESIÓN: PARA COMPLETAR O TEMA DE HOXE BUSCAREMOS REPRESENTAR A ALEGRÍA. PODE SER COA VOSA EXPRESIÓN FACIAL, CUNHA COR, UN OBXECTO, UNHA PERSOA, ...O QUE SE VOS OCORRA. QUEDARÁ RECOLLIDO NUNHA FOTO,OU SIN NON PODEDES,NUN DEBUXO.
LOGO ENVIÁDEMO, QUE QUERO VER A VOSA ALEGRÍA E AQUILO QUE VOS PON ALEGRES!!
* ATENCIÓN: ESTES FELICES RATIÑOS ESTÁN COMPARTINDO A SÚA ALEGRÍA NA CELEBRACIÓN DO SEU ANIVERSARIO! PROPOÑO QUE INTENTEDES ATOPAR NO MANTEL OS OBXECTOS QUE APARECEN NO ALTO DA LÁMINA
(SI TEDES POSIBILIDADE IMPRIMIDE E COLOREADE CADA OBXECTO).
* MÚSICA: PARA DESPEDIR A XORNADA DEÍXOVOS ESTA CANCIÓN DE MARÍA FUMAçA PARA QUE DEMOSTREDES TODA A VOSA ALEGRÍA CANTANDO E BAILANDO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario