Páginas

viernes, 3 de abril de 2020

PROPOSTAS VENRES 3 ABRIL

BO DÍA!

ARRINCAMOS CO DERRADEIRO DÍA DESTE TRIMESTRE!

*  HORA DE LER: "LEMOS" DE XEITO AUTÓNOMO E SILENCIOSO DURANTE 5 MINUTIÑOS A LECTURA QUE ESCOLLAMOS E EN CALQUERA.FORMATO.

* RUTINAS:
  • O DÍA SEMANA: VOLVO DEIXAR A CACIÓN QUE USAMOS NO COLE PARA QUE NON SE NOS ESQUEZA!

XOGAMOS TAMÉN COAS LETRAS E OS NOMES DOS DÍAS:
 O DÍA DE HOXE É...,ONTE FOI ... E MAÑÁN SERÁ...

DEIXO TAMÉN OS ENLACES ÁS CANCIÓNS DOS DÍAS DA SEMANA E DOS MESES DO ANO, PARA QUE SIGADES REPASANDO E DIVERTÍNDOOS DURANTE AS VACACIÓN

  • O TEMPO: ANDA ALGO REVOLTO, FIXÁDEVOS BEN CÓMO ESTÁ HOXE E SELECIONADE O CARTEL AXEITADO.
  • CALENDARIO: CONTAMOS ATA CHEGAR AO VENRES, DÍA 3 E COLOREAMOS A CELDA COMO NOS GUSTE

*ASAMBLEA: HOXE QUE COMEZA O PERÍODO DE VACACIÓNS, PROPOÑO FALAR SOBRE AS VACACIÓNS QUE LEVAMOS DISFRUTADO, AS VIAXES QUE TEMOS FEITO, OS LUGARES QUE TEMOS VISITADO, AS AVENTURAS QUE LEVAMOS VIVIDO, ETC. TRATAREMOS DO QUE MÁIS NOS GUSTOU, O MEDIO DE TRANSPORTE QUE EMPREGAMOS PARA CHEGAR, QUE FIXEMOS ALÍ, CON QUEN COMPARTIMOS A EXPERIENCIA....TODO O QUE POIDA XURDIR A PARTIRES DO TEMA, MESMO PLANIFICAR AS PRÓXIMAS VACACIÓNS!
A OPCIÓN DE RECURRIR ÁS FOTOS PARA APOIAR A CONVERSA DARÁ MOITO XOGO.
@S ADULT@S PODEDES COMPARTIR C@S PEQUES EXPERIENCIAS E VIAXES QUE TEÑADES FEITO, SEGURO QUE LLES VAI ENCANTAR COÑECER AS VOSAS AVENTURAS.

*INGLÉS: COMO COMEZAMOS AS VACACIÓNS,ESTAMOS DE FESTA E SEI QUE ESTA VOS ENCANTA, DEIXOVOS O BABY SHARK PARA QUE CANTEDES E BAILEDES!



* HÁBITOS HIXIENE E MERENDA: LAVAMOS BEN AS MANS ANTES E DESPOIS DE MERENDAR E OS DENTES AO REMATAR. HOXE É DÍA LIBRE ASÍ QUE CADA QUEN ESCOLLE O QUE LLE APETECE!


*MÚSICA: A PROFE PATRI DEIXOU COMO SUXERENCIA A IDEA DE CONSTRUIR A VOSA PROPIA MARACA PARA TOCAR! DEIXO ALGUNHAS IDEAS PARA INSPIRARVOS












VÍDEO TITORIAL MARACA 1


VÍDEO TITORIALMARACA 2 









* LECTOESCRITURA: DURANTES ESTES DÍAS NOS QUE SÓ SAÍMOS UNHA VEZ Á SEMANA A FACER A COMPRA, TEMOS MOITO QUE ANOTAR E,UN POUQUIÑO CADA DÍA, @S PEQUEN@S  SON QUEN DE FACER A LISTA AO SEU XEITO. COAS LETRAS QUE COÑECEN, RECORTES DE FOLLETOS, ETC, RESPETANDO SEMPRE ASÚA FORMA DE EXPRESIÓN
DEIXO ESTE ENLACE, DE AULAS GALEGAS, PARA QUE VEXADES COMO NOS PODEN AXUDAR E SENTIRSE MOI ÚTILES E MAIORES


*MANUALIDADE: COMO ETAMOS EN PASCUA PROPOÑO FACER UN COELLIÑO CON MATERIAL DE REFUGALLO, NESTE CASO UN ROLO DE PAPEL HIXIÉNICO. DEIXO ESTA IDEA PARA INSPIRARVOS PERO PODEDES DECORALO CO QUE QUEIRADES....BIGOTES DE LÁ, OLLOS DE BOTÓN, ETC.    E SI TEDES CARAMELOS OU CHOCOLATINAS PARA POÑERLLE DENTRO....MOITÍSIMO MELLOR!



*HORA DO CONTO: COMO HOXE VAI DE COELLOS, DEÍXOVOS O COELLIÑO BRANCO, CONTADO POLO ALUMNADO DO CEE DE VILAGARCIA  DE AROUSA. 
ESTE CONTO TAN CHULO XA O TRABALLAMOS NA CLASE ASÍ QUE TAMÉN PODEDES PROBAR A POÑER O VÍDEO SIN AUDIO E CONTARLLO VÓS MESM@S Á VOSA FAMILIA! ÁNIMO!!




IREI SUBINDO AS FOTOS E VÍDEOS QUE ME ENVIADES E COLGAREI ENLACES A ALGUNHAS PÁXINAS INTERESANTES DURANTE ESTES DÍAS.

PASADE UNHAS BOAS VACACIÓNS E SEGUIMOS NUNS DÍAS!


UN DÍA MENOS!!!                                   ATA A VOLTA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario