XA ESTAMOS NA METADE DA SEMANA! IMOS ALÓ!!
* HORA DE LER: "LEMOS" DE XEITO AUTÓNOMO E SILENCIOSO DURANTE 5 MINUTIÑOS A LECTURA QUE ESCOLLAMOS E EN CALQUERA.FORMATO.
* RUTINAS:
- O DÍA SEMANA: VOLVO DEIXAR A CACIÓN QUE USAMOS NO COLE PARA QUE NON SE NOS ESQUEZA!
XOGAMOS TAMÉN COAS LETRAS E OS NOMES DOS DÍAS:
O DÍA DE HOXE É...,ONTE FOI ... E MAÑÁN SERÁ...
DEIXO TAMÉN OS ENLACES ÁS CANCIÓNS DOS DÍAS DA SEMANA E DOS MESES DO ANO, PARA QUE SIGADES REPASANDO E DIVERTÍNDOOS DURANTE AS VACACIÓN
- O TEMPO: ANDA ALGO REVOLTO, FIXÁDEVOS BEN CÓMO ESTÁ HOXE E SELECIONADE O CARTEL AXEITADO.
- CALENDARIO: CONTAMOS ATA CHEGAR AO MÉRCORES, DÍA 22 E COLOREAMOS A CELDA COMO NOS GUSTE
* ASAMBLEA: CONTINUAMOS TRABALLANDO COAS EMOCIÓNS E HOXE FALAREMOS DA SORPRESA. PRIMEIRO INTENTAREMOS EXPLICAR COAS NOSAS PALABRAS QUE É UNHA SORPRESA E QUE SENTIMOS CANDO LEVAMOS UNHA. PODEMOS AFONDAR NO TEMA DIFERENCIANDO ENTRE SORPRESAS POSITIVAS E NEGATIVAS, COMO ACTUAMOS E SENTIMOS DE DIFERENTE XEITO CANDO SOMOS NÓS @S QUE DAMOS UNHA SORPRESA A ALGUÉN OU SI SOMOS NÓS @S SORPREDIDOS.
TAMÉN PODEMOS PEDIRLLE AOS ADULTOS QUE NOS CONTEN UHA EXPERIENCIA DE CADA: COMO ORGANIZARON UNHA SORPRESA PARA ALGUÉN E TAMÉN COMO FORON SORPRENDID@S ALGUNHA VEZ.
*LECTOESCRITURA: TRABALLAREMOS COAS LETRAS DA PALABRA SORPRESA.
- RECOÑECEMOS UNHA POR UNHA O NOME DAS LETRAS QUE A FORMAN
- EMITIMOS O SON DE CADA UNHA
- ORDENAMOS AS LETRAS EN PAPELIÑOS PARA FORMAR A PALABRA (PODEMOS TELA ESCRITA PARA GUIARNOS)
- REESCRIBIMOS COA NOSA PROPIA GRAFÍA (PODEMOS TELA ESCRITA PARA GUIARNOS)
- SI TEMOS A CAIXA CON AREA, SAL FARIÑA... DA ACTIVIDADE DE ONTE, PODEMOS REUILIZALA E ESCRIBIR CADA LETRA
- SERÍA MOITO MÁIS COMPLETO SI SOMOS CAPACES DE DICIR UN NOME OU CALQUERA OUTRA PALABRA QUE COMECE POR CADA UNHA DAS LETRAS DE S-O-R-P-R-E-S-A
*
*HIXIENE E MERENDA: DEIXOVOS NOVAMENTE O VÍDEO DE MIGALLAS PARA O LAVADO DE MANS E, DE PASO, RECORDAR OS NOMES DOS DEDIÑOS
HOXE MERENDAMOS BOCADILLO E, COMO XA SOMOS MAIORES, PODEMOS FACELO NÓS MESM@S
*ATENCIÓN: AQUÍ TEDES UN ENLACE A UN XOGO DE CLASIFICAR E AGRUPAR ELEMENTOS. NON VOS ESQUEZADES DE IR NOMEANDO TODOS OS ANIMAIS OU OBXECTOS QUE APARECEN ANTES DE ENVIALOS Á SÚA CASIÑA
PREME NA IMAXE |
*PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL: A PROPOSTA PARA A SESIÓN DE HOXE DA PROFE PAULA, XA QUE CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO, É A LECTURA DE "NUBE BRANCA QUERE SER ASTRONAUTA", DE PABLO NOGUEIRA E ILUSTRADO POR MANUEL UHÍA, DE BAHÍA EDICIÓNS. AGRADECENDO DENDE AQUÍ AO SEU AUTOR POR PRESTAR A SÚAORA DE FORMA LIBRE ESTES MOMENTOS.
TRÁTASE DUN CONTO IDEADO AO MESMO TEMPO PARA ESTIMULAR A LINGUAXE ORAL NA EDUCACIÓN INFANTIL, INVITANDO AO NEN@ A PARTICIPAR NEL. VEN ACOMPAÑADO DO AUDIO. AGARDO QUE VOS GUSTE
MÁIS INFORMACIÓN E RECURSOS NESTE ENLACE
* CREATIVIDADE: VOLVO RECORDARVOS A PROPOSTA QUE LANCEI O LUNS PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO, QUE SE CELEBRA MAÑA, 23 DE ABRIL.
TEDES QUE CONVERTEVOS N@S PROTAGONISTAS DAS CUBERTAS DOS CONTOS!! MOIT@S XA O FOSTES FACENDO E O RESULTADO É XENIAL!!!
A VER SI TOD@S SE ANIMAN E CONSEGUIMOS FACER UN PLENO!!
TODA A INFO NESTE ENLACE DA BIBLIO.
https://abibliodeleirado.blogspot.com/2020/04/estamos-cubertas-de-creatividade.html
SODES XENIAIS, CREATIVIDADE A TOPE!!!
POR ÚLTIMO RECÓRDOVOS QUE SIGUEN SUBINDO MATERIAIS E NOVIDADES NOS OUTROS BLOGS DOS DISTINTOS DEPARTAMENTOS DO COLE. PODEDES ENTRAR E BOTAR UNHA OLLADA,MESMO BUSCAR, NA PARTE DEREITA, AS ETIQUETAS OU ARQUIVOS DO BLOG QUE VOS RESULTEN INTERESANTES,QUE HAN SER MOITAS!
VOLVO DEIXAR OS ENLACES
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN: https://orientacionleirado.blogspot.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario