Páginas

viernes, 24 de abril de 2020

PROPOSTAS VENRES 24 ABRIL

BO DÍA A TODAS E A TODOS!

XA É VENRES E REMATAMOS A SEMANA! ÁNIMO QUE QUEDA MENOS!

*  HORA DE LER: ESCOLLEDE LIBRO E ADICADELLE UN RATIÑO

* RUTINAS:
  • O DÍA SEMANA: VOLVO DEIXAR A CACIÓN QUE USAMOS NO COLE PARA QUE NON SE NOS ESQUEZA!

XOGAMOS TAMÉN COAS LETRAS E OS NOMES DOS DÍAS:
 O DÍA DE HOXE É...,ONTE FOI ... E MAÑÁN SERÁ...

DEIXO TAMÉN OS ENLACES ÁS CANCIÓNS DOS DÍAS DA SEMANA E DOS MESES DO ANO, PARA QUE SIGADES REPASANDO E DIVERTÍNDOOS DURANTE AS VACACIÓN

  • O TEMPO: ANDA ALGO REVOLTO, FIXÁDEVOS BEN CÓMO ESTÁ HOXE E SELECIONADE O CARTEL AXEITADO.
  • CALENDARIO: CONTAMOS ATA CHEGAR AO MÉRCORES, DÍA 24 E COLOREAMOS A CELDA DA COR NOS GUSTE
*  ASAMBLEA REPASAMOS AS EMOCIÓNS QUE LEVAMOS TRABALLADO ATA AGORA: ALEGRÍA, VERGOÑA. MEDO E SORPRESA, EXPRESANDO A QUE MÁIS NOS GUSTA SENTIR E A QUE MENOS

* EXPRESIÓNEXPLICADE UNHA EXPERIENCIA NA QUE SENTÍSTES A EMOCIÓN DA SORPRESA, RECORDANDO CANDO FOI, CON QUEN ESTABADES,SI VOS GUSTOU OU NON..... E PODEDES GRAVALA EN VÍDEO PARA COMPARTIR C@S COMPAÑEIR@S
OUTRA OPCIÓN É PRACTICAR A CARA DE SORPRESA DIANTE DUN ESPELLO  E,CANDO A TEÑADES, CAPTURALA NUNHA FOTO, QUE ME PODEDES ENVIAR.

* ATENCIÓN: OBSERVA AS EXPRESIÓNS DA CARA DESTAS NENAS E NENOS E IDENTIFICA CON UNHA DAS EMOCIÓNS QUE TRABALLAMOS.
BUSCA E RELACIONA AS PARELLAS COA MESMA EXPRESIÓN



* GRAFOMOTRICIDADE: SI PODEDES IMPRIMIR, UNE CUNHA LIÑA A CARA DE ARRIBA COA SÚA XEMELGA DA FILA DE ABAIXO. EMPREGA UNHA COR DIERENTE PARA CADA UN.
SI NON PODES IMPRIMIR FAI O MESMO EXERCICIO DESLIZANDO O DEDO POLA PANTALLA.

* LECTOESCRITURA: FIXÁNDOVOS NA LETRA INICIAL,IDENTIFICADE DONDE ESTÁ ESCRITO O NOME DE CADA EMOCIÓN.
SI O TEDES IMPRESO UNIDE TAMÉN A IMAXE DA EXPRESIÓN CO SEU NOME.



*HORA DO CONTO: DEIXOVOS ESTE DIVERTIDO E SORPREDENTE CONTO SOBRE A HISTORIA DE   "A VACA QUE PUXO UN OVO".ESPERO QUE VOS GUSTE E ESTEADE MOI ATENT@S PARA NON PERDER DETALLE E PODER RESPOSTAR ÁS PREGUNTAS DE DESPÓIS


  • CAL FOI A SORPRESA?
  • QUEN LEVOU UNHA SORPRESA?
  • QUEN ORGANIZOU PARA DAR UNHA SORPRESA?
  • COMO SE SENTÍA MARJORIE ANTES DE SER SORPRENDIDA?
  • COMO SE SENTIU DESPOIS DA SORPRESA?
PODEDES COMPLETAR A ACTIVIDADE DEBUXANDO Á VACA MARJORIE E A DAISY.     E SERÍA XENIAL SI ESCRIBIDES O TÍTULO!

AQUI, NESTE ENLACE DA BIBLIOTECA, PODEDES VER AS CUBERTAS CREATIVAS QUE FIXERON @S NENAS E NENOS DO COLE E AS MESTRAS, SON XENIAIS!

*LECTURA FIN DE SEMANA. DEIXO ESTE CONTIÑO PARA QUE O DISFRUTEDES DURANTE A FINDE -





UN  DÍA  MENOS!!!                                BOA FIN DE SEMANA!     





No hay comentarios:

Publicar un comentario