Páginas

martes, 21 de abril de 2020

PROPOSTAS MARTES 21 ABRIL

BO DÍA A TODOS E A TODAS!!

ARRINCAMOS COAS PROPOSTAS PARA ESTE MARTES.

*HORA DE LER: XA SABEDES QUE ESTE RATIÑO É PARA QUE OADIQUEDES A "LER" O QUE MÁIS VOS APETEZA.

* RUTINAS:
  • O DÍA SEMANA:  REPASAMOS A CANCIÓN E ESCOLLEMOS O CARTEL CO NOME DE HOXE,  DE ONTE E DE MAÑÁN, FIXÁNDONOS  NA LETRA INICIAL DE CADA 
RECORDADE QUE PODEDES EMPREGAR TAMÉN ESTA CANCIÓN DE MAMÁ CABRA
  • O TEMPO: OBSERVAR O DÍA POLA VENTÁ E SELECIONAR O DEBUXO CORRESPONDENTE   
                                                         

  • CALEDARIO: CONTADE DENDE O PRINCIPIO ATA CHEGAR AO DÍA DE HOXE, O NÚMERO 21, E COLOREADE A CELDA DA COR QUE PREFIRADES.  
* ASAMBLEA: COMO  LEVAMOS FALADO DE VARIAS EMOCIÓNS, HOXE FAREMOS UN REPASO DAS 3 QUE XA TRATAMOS: ALEGRÍA, VERGOÑA  E MEDO. EXPRESAREMOS CAL É A QUE MÁIS NOS GUSTA EXPERIMENTAR E CAL A QUE MENOS, E DESCRIBIREMOS UNHA SITUACIÓN VIVIDA NA QUE SENTIMOS CADA UNHA DESTAS  EMOCIÓNS. AS FAMILIAS PODEN COMPARTIR TAMÉN EXPERIENZAS, CONTÁNDOLLES NOVAS SITUACIÓNS QUE EXPERIMENTARON NA SÚA VIDA.

*LECTO ESCRITURA: TRABALLAREMOS COS NOMES DA EMOCIÓNS DAS QUE FALAMOS:
ALEGRÍA
VERGOÑA
MEDO

  • CONTAMOS AS LETRA DE CADA PALABRA
  • ORDENA AS PALABRAS DE MÁIS LONGA A MÁIS CURTA 
  • IDENTIFICAMOS LETRA A LETRA DE CADA PALABRA  
  • ORDENAMOS PAPELIÑOS CON LETRAS PARA FORMAR CADA PALABRA
  • REESCRIBIMOS COA NOSA ESCRITURA   

*EDUCACIÓN FÍSICA:
NESTE ENLACE PODEDES ATOPAR AS PROPOSTAS DE ACTIVIDADES DA PROFE PAULAPARA ESTA SESIÓN

*HIXIENE E MERENDA: LAVADE MOI BEN AS MANS ANTES E DESPOIS DECOMER A FROITA

* MATEMÁTICAS: IMOS XOGAR A CONTAR E A TRAZAR OS NÚMEROS.

  • BUSCAREMOS UNHA CAIXA, TUPPER, BANDEXA....E CUBRIRÉMOLA CON CALQUERA MATERIAL QUE NOS PERMITA DEBUXAR CO DEDO SOBRE EL (AREA,AZÚCRE, FARIÑA, SAL...)
  • LOGO TEREMOS QUE CONTAR OS OBXETOS QUE NOS DEA O ADULTO (LENTELLAS, GARAVANZOS, MACARRÓNS, BOTÓNS...) TAMÉN VOSPODEN FACILITAR TARXETAS CON PUNIÑOS PARA CONTAR
  • UNHA VEZ IDENTIFICADO O NÚMERO TRAZAREMOS A SÚA GRAFÍA SOBRE O MATERIAL DA CAIXA EMPREGANDO O DEDO.
  • PARA "BORRAR" E SEGUIR UTILIZANDO PASÁMOSLLE A MAN OU PENEIRAMOS LIXEIRAMENTE  A BANDEXA
  • PODEDES PEDIR AOS ADULTOS QUE VOS ESCRIBAN UNHA SERIE NUMÉRICA NA QUEPODER CONSULTAR A GRAFÍA DO NÚMERO SI TEMOS DÚBIDAS ANTES DE ESCRIBILOS.
 Number Writing Activity. Salt Tray Game. | Graphothérapie ...
ESTE MATERIAL SE PODE REUTILIZAR PARA TRAZAR LETRAS OU FORMAS XEOMÉTRICAS


* CREATIVIDADE: RECÓRDOVOS A PROPOSTA QUE LANCEI ONTE PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO, QUE SE CELEBRARÁ O VINDEIRO MÉRCORES, DÍA 23 DE ABRIL. ESTE ANO, COMO NON PODEMOS ESTAR NA NOSA BIBLIO, PLANTÉXOVOS QUE, DENDE A CASA, VOS CONVIRTADES N@S PROTAGONISTAS DAS CUBERTAS DOS CONTOS!!    DEBEREDES ESCOLLER UN LIBRO DA VOSA CASA OU ALGÚN DOS QUE TEMOS NA BIBLIO E RECREAR A SÚA CUBERTA, IMITANDO A EXPRESIÓN, POSTURA, OS COMPOÑETES....QUE APARECEN NA CAPA DO LIBRO.


NESTE ENLACE DA NOSA BILIOTECA TEDES TODA A INFORMACIÓN.
AQUÍ TEDES UNS EXEMPLOS DO LIBROS QUE EU ESCOLLÍN!






DEIXADE TRABALLAR A VOSA CREATIVIDADE E ENVIÁDEME AS FOTOS! 

ALGUNHAS DAS XA ME FORON CHEGANDO!







           






ENCÁNTANME!!!!  
SODES GRANDÍSIM@S ARTISTAS CREATIV@S!

UN  DÍA MENOS!!!                                                      ATA MAÑÁ!

No hay comentarios:

Publicar un comentario