Páginas

jueves, 2 de abril de 2020

PROPOSTAS XOVES 2 ABRIL

BO DÍA!

AÍ VAN AS PROPOSTAS PARA ESTE PRIMEIRO XOVES DO MES DE ABRIL 

*HORA DE LER: 5MINUTIÑOS DE "LECTURA" AUTÓNOMA E SILENCIOSA.

* RUTINAS:
  • O DÍA SEMANA: CANTAMOS E BUSCAMOS A TARXETA CO NOME DO DÍA DE HOXE, FIXÁNDONO NA SÚA LETRA INICIAL. BUSCAMOS TAMÉN QUE DÍA FOI ONTE E CAL SERÁ MAÑÁN.

TAMÉN PODEDES REPASALOS COA CANCIÓN DE MAMÁ CABRA DESTE ENLACE 

  • O TEMPO: ASOMÁMONOS Á VENTÁ OU Á PORTA PARA VER QUE DÍA VAI HOXE. ESCOLLEMOS A AXEITADA.                                                                        

  • O NÚMERO DO DÍA: CONTAMOS NO CALEDARIO E COLOREAMOS A CELDA CORRESPONDENTE AO DÍA DE HOXE: XOVES 2                          AQUÍ A PLANTILLA PARA DESCARGAR. (HAI QUE ESCRIBIRLLE OS NÚMEROS)

*ASAMBLEA: HOXE CONMEMÓRASE O DÍA  INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, XA QUE É O ANIVERSARIO DO NACEMENTO DO ESCRITOR HANS CHRISTIAN ANDERSEN, AUTOR DE MOITOS E MOI COÑECIDOS TÍTULOS DA LITERATURA INFANTIL, CLÁSICOS XA, COMA "EL PATITO FEO", "EL SOLDADITO DE PLOMO", "LA SIRENITA", "EL SATRECILLO VALIENTE" OU "LA REINA DE LAS NIEVES".  
CON ESTE MOTIVO HOXE FALAREMOS SOBRE OS NOSOS LIBROS FAVORITOS. 
@S PEQUE NOS CONTARÁN CALES SON OS SEUS LIBROS PREFERIDOS E PORQUE MOTIVO LLES GUSTAN, QUE HISTORIA CONTA, QUE PERSONAXES INTERVEÑEN, ONDE SE DESENVOLVE A AVENTURA, ETC.  OS ADULTOS TAMÉN FAREMOS O MESMO, XA QUE TOD@S TEMOS NO RECORDO AQUEL OU AQUELESLIBROS INFANTILES UE SE QUEDARON CON NÓS PARA SEMPRE. APROVEITEMOS A OCASIÓN PARA COMPARTIR C@S PEQUES ESTAS VIVENCIAS

* EDUCACIÓN FÍSICA: DEIXOVOS A PLANIFICACIÓN PARA A SESIÓN DE HOXE QUE DEIXOU A ESPECIALISTA PAULA NESTE ENLACE

*RUTINAS DE ASEO E MERENDA: HOXE TÓCANOS MERENDAR LACTEOS

*MATEMÁTICAS: TRABALLAREMOS COS NÚMEROS, DEBEMOS CONTAR E SELECIONAR O NÚMERO CORRECTO.  PARA AXUDAR,OS ADULTOS PODEMOS ESCRIBIR OS NÚMEROS DO 1 AO 9 NUN PAPEL, EN LIÑA E SEPARADOS, PARA QUE @S PEQUES POIDAN RECURRIR E CONTAR AÍ SI NON RECORDAN COMO É A GRAFÍA DO NÚMERO QUE PRECISAN.
PREME NA IMAXE PARA IR XOGAR

PODES COMPLETAR A ACTIVIDADE ESCRIBINDO TI MESM@ OS NÚMEROS DO 1 AO 9, A VER QUE BEN CHE SAEN!  PODES E DEBES FIXARTE NOS QUE ESCRIBIU O ADULTO E INTENTAR REPRESENTALOS O MÁIS SEMELLANTE POSIBLE.

DEIXO TAMÉN ESTA FICHA DE REFORZO POR SI A QUEREDES IMPRIMIR OU COPIAR. RECORDADE POÑER SEMPRE O VOSO NOME ARRIBA!

*HORA DO CONTO: NON PODIAMOS REMATAR ESTE DÍA SIN TRATAR UN CLÁSICO DE HANS CHRISTIAN ANDERSEN! ESCOLLÍ A HISTORIA DO SOLDADIÑO DE CHUMBO, NUNHA  FERMOSA VERSIÓN REALIZADA POLO ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA DE CEIP MALLÓN DE NIGRÁN. ESPERO QUE A DISFRUTEDES!



PROPOSTA:  QUE VOS PARECE SI GRAVADES UN PEQUENIÑO VÍDEO NO QUE RECOMEDADES O VOSO LIBRO PREFERIDO!!!   SERÍA XENIAL COÑECER CALES VOS GUSTAN, QUE FOI O QUE MÁIS CHE GUSTOU DO LIBRO, DE QUE TRATA A HISTORIA, O SEU TÍTULO, ETC.   CÓNTANOS O QUE QUEIRAS, COMO FACEMOS NA ASAMBLEA DA CLASE!!     
 VAI SER MOI DIVERTIDO PODER VERNOS E ESCOITARNOS DESPOIS DE TANTO TEMPO!  
VEÑA, ÁNIMO!

TEDES ESTES DÍAS E A SEMANA SANTA PARA FACELO, E SI ALGÚN ADULTO QUERE PARTICIPAR,  SODES SEMPRE MOI BENVID@S ÁS ACTIVIDADES DA NOSA AULA!!


UN DÍA MENOS!!!                             ATA  MAÑÁ!

No hay comentarios:

Publicar un comentario