Páginas

miércoles, 22 de abril de 2020

PROPOSTAS XOVES 23 ABRIL - DIA LIBRO

BO DÍA A TODAS E A TODOS!

XA ESTAMOS NA METADE DA SEMANA! IMOS ALÓ!!

*  HORA DE LER: "LEMOS" DE XEITO AUTÓNOMO E SILENCIOSO DURANTE 5 MINUTIÑOS A LECTURA QUE ESCOLLAMOS E EN CALQUERA.FORMATO.

* RUTINAS:
  • O DÍA SEMANA: VOLVO DEIXAR A CACIÓN QUE USAMOS NO COLE PARA QUE NON SE NOS ESQUEZA!

XOGAMOS TAMÉN COAS LETRAS E OS NOMES DOS DÍAS:
 O DÍA DE HOXE É...,ONTE FOI ... E MAÑÁN SERÁ...

DEIXO TAMÉN OS ENLACES ÁS CANCIÓNS DOS DÍAS DA SEMANA E DOS MESES DO ANO, PARA QUE SIGADES REPASANDO E DIVERTÍNDOOS DURANTE AS VACACIÓN

  • O TEMPO: ANDA ALGO REVOLTO, FIXÁDEVOS BEN CÓMO ESTÁ HOXE E SELECIONADE O CARTEL AXEITADO.
  • CALENDARIO: CONTAMOS ATA CHEGAR AO MÉRCORES, DÍA 22 E COLOREAMOS A CELDA COMO NOS GUSTE
*LECTOESCRITURA: HOXE, 23 DE ABRIL, É UN DÍA MOI ESPECIAL PORQUE CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO! NESTE DÍA SOE SER HABITUAL REGALAR UN LIBRO E, EN ALGÚNS LUGARES, É TRADICIÓN ACOMPAÑAR ESTE AGASALLO CUNHA ROSA.
Día del libro, 23 de abril – Diario El Pensar
NÓS FAREMOS A NOSA PROPIA HOMENAXE AOS LIBROS E COMEZAREMOS ESCRIBINDO UN CARTELIÑO ,COAS VOSAS LETRAS E DE CORES, NO QUE POÑA:
  DÍA DO LIBRO
COMA SEMPRE, IREMOS IDENTIFICANDO CADA LETRA E, SI RECORDAMOS, DIREMOS O NOME DUN AMIG@ OU UNHA PALABRA QUE COMECE CON ESA LETRA.
SI QUEREDES PODEDES INCLUÍR NO CARTEL A DATA : 23 DE ABRIL DE 2020

* MANUALIDADE: ELABORAREMOS UNHA FLOR CO MATERIAL QUE TEÑADES POLA CASA, DE REFUGALLO ..... POÑO ALGÚNS EXEMPLOS PARA INSPIRARVOS
























*EXPRESIÓN PLÁSTICA: XA TEMOS O CARTEL, XA TEMOS A FLOR...SÓ NOS FALTA O LIBRO! BUSCAREMOS POLA CASA ALGÚN LIBRO QUE NOS GUSTE. AGORA XA TEMOS TODOS OS INGREDIENTES. TEREMOS QUE FACER UNHA MONTAXE PARA FACERLLE UNHA FOTO E COMPARTILA:
  • TEXTO: DÍA DO LIBRO
  • LIBRO ESCOLLIDO
  • FLOR ELABORADA (TAMÉN SE PODE POÑER UNHA FLOR NATURAL)


    O RESULTADO SERÍA ALGO ASÍ
AGARDO AS VOSAS FOTOS!!! 
 POR CERTO, SI QUEREDES, PODEDES APARECER VÓS AO LADO DA VOSA CREACIÓN

PROPOSTA:  "CÓNTAME  UN  CONTO"
SEGURO  QUE TOD@S TEDES NA CASA UN CONTO FAVORITO, DESES QUE SEMPRE QUEREDES QUE VOS CONTEN E DOS QUE XA SABEDES DE MEMORIA. POIS QUE VOS PARECE SI O COMPARTIDES CON TOD@S??   
CASI SEMPRE SON EU A QUE VOS ENVÍA VÍDEOS CON CONTOS ASÍ QUE, DESTA VEZ, PROPOÑO QUE SEXADES VOS @S CONTACONTOS. ESTAMOS DESEXANDO VERNOS E QUE MELLOR MANEIRA QUE COMPARTINDO UN CONTO NESTE DÍA DO LIBRO!!
DEBERÁ SER UN RELATO BREVE, QUE POIDADES CONTAR VOS SOÍÑ@S, PRACTICADE E,CANDO O TEÑADES....  ADIANTE, DÁDELLE A GRAVAR!


BOTADE UNHA OLLADA AOS CONTOS QUE NOS FORON ENVIANDO @S AMIG@S DE OUTROS CURSOS E QUE PODEDES ENCONTRAR NESTA ENTRADA DO

Hecho con Padlet
AGRANDÁDEO ARRIBA Á DEREITA  E NO APARTADO DE CONTOS CONTADOS PODEDES IR BAIXANDO A BARRA DA SÚA DEREITA PARA VER AOS MÁIS PEQUEN@S

E, POR CERTO, AS FAMILIAS TAMÉN ESTADES CONVIDADAS A CONTARNOS UN CONTIÑO, POR SUPOSTO!!  ANIMÁDEVOS, QUE ESTAREMOS ENCANTAD@S!

FELIZ  DÍA  DO  LIBRO  A  TOD@S !

UN  DÍA  MENOS!!!                                 ATA  MAÑÁ!


No hay comentarios:

Publicar un comentario