HOXE REMATA A SEMANA ASÍ QUE....ALÁ IMOS!
* HORA DE LER: ADICADE 5 MINUTOS A LER O QUE VOS APETEZA. É UN TEMPO PARA DISFRUTALO SOÍÑ@S!
* RUTINAS:
- O DÍA SEMANA: REPASAMOS A CANCIÓN E ESCOLLEMOS O CARTEL CO NOME DE HOXE, DE ONTE E DE MAÑÁN, FIXÁNDONOS NA LETRA INICIAL DE CADA DEIXOVOS A DE MAMÁ CABRA POR SI QUEREDES CANTALA.
- O TEMPO: OBSERVAR O DÍA POLA VENTÁ E SELECIONAR O DEBUXO CORRESPONDENTE
- CALEDARIO: CONTADE DENDE O PRINCIPIO ATA CHEGAR AO DÍA DE HOXE, O NÚMERO 17, E COLOREADE A CELDA DA COR QUE PREFIRADES.
* ASAMBLEA: SEGUINDO CO TEMA DAS EMOCIÓNS QUE COMEZAMOS ESTES DÍAS, HOXE FALAREMOS SOBRE A VERGOÑA. ESTA É UNHA EMOCIÓN QUE SENTIMOS ÁS VECES CANDO ESTAMOS CON DESCOÑECID@S, CANDO NON ESTAMOS SEGUROS DE FACER AS COUSAS BEN,CANDOTEMOSQUE FALAR ANTE UN GRUPO...
DEIXO ESTE VÍDEO PARA IR ENTRADO EN MATERIA
LOGO DO VÍDEO FALAREMOS SOBRE A VERGOÑA, TRATANDO PUNTOS TIPO:
DEIXO ESTE VÍDEO PARA IR ENTRADO EN MATERIA
LOGO DO VÍDEO FALAREMOS SOBRE A VERGOÑA, TRATANDO PUNTOS TIPO:
- ALGUNHA VEZ SENTÍN VERGOÑA
- CREO QUE @S DEMAIS TAMÉN A SINTEN
- EN QUE SITUACIÓNS EXPERIMENTO ESTA SENSACIÓN
- COMO SE EXPRESA FÍSICAMENTE
- ME GUSTA OU NON ESTA EMOCIÓN
- QUE PODO FACER CANDO A SINTO
- COMO PODERÍA SENTIRME MELLOR
- A QUE PERSOA, OBXECTO OU RECORDO PODERÍA RECURRIR
- ETC
DEIXOVOS UN VÍDEO PARA AS FAMILIAS AQUÍ
*EXPRESIÓN: AGORA QUE XA SABEMOS ALGO MÁIS SOBRE A VERGOÑA E A TIMIDEZ E COMO PODEMOS SUPERALA OU CONVIVIR CON ELA, IMOS INTENTAR REPRESENTALA.
- PODEMOS POÑERNOS DIANTE DO ESPELLO E OBSERVAR OU ENSAIAR CAL É A NOSA EXPRESIÓN CANDO SENTIMOS VERGOÑA (FOTO)
- PODEMOS BUSCAR ALGO POLA CASA QUE NOS PODERÍA AXUDAR A ESTAR MELLOR NUN MOMENTO VERGOÑENTO: UN XOGUETE,UNHA PRENDA,UNHA FOTO, UNHA PERSOA... (FOTO)
- DESCRIBIREMOS UN MOMENTO OU SITUACIÓN NA QUE SENTIMOS ESTA EMOCIÓN. (VÍDEO OU AUDIO)
- RELATAR COMO ENFRONTAMOS UNHA SITUACIÓN NA QUE TIÑAMOS VERGOÑA E COMO NOS SENTIMOS CANDO A SUPERAMOS (VÍDEO OU AUDIO)
*ASEO E MERENDA: HOXE É DÍA LIBRE ASÍ QUE, DESPOIS DE LAVAR AS MANS, PODEDES ESCOLLER A MERENDA QUE MÁIS VOS GUSTE!
* FORMAS XEOMÉTRICAS: CON ESTE XOGO PODEMOS REPASAR AS FORMAS XEOMÉTRICAS,AS CORES E A COORDINACIÓN .IDE NOMEANDO A FORMA E A COR DE CADA PEZA QUE MOVEDES
PREME PARA XOGAR |
* MÚSICA: HOXE PROPÓÑOVOS QUE BAILEDES E CANTEDES CON ESTA CANCIÓN DE MIGALLAS NA QUE HAI UNHA CEGOÑA QUE TEN MOITA VERGOÑA!!
*HORA DO CONTO: DESPEDIMOS A SEMANA CUN CONTO QUE XA NOS SOA DA NOSA BIBLIOTECA DE AULA "LAS JIRAFAS NO PUEDEN BAILAR", A HISTORIA DAXIRAFA CHUFA ÁQUE LLE DABA MOITA VERGOÑA BAILAR PORQUE ERA ALGO PATOSA. VEREMOS COMO O SUPEROU.
DEIXO TAMÉN ESTES OUTROS ENLACE DE CONTOS CON ESTA TEMÁTICA POR SI VOS APETECEN DURANTE A FIN DE SEMANA
PASADE UNHA MOI BOA FIN DE SEMANA, O LUNS VOLTAMOS!
UN DÍA MENOS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario