AS PROPOSTAS PARA HOXE SON:
*HORA DE LER: ADICADE 5 MINUTOS A LER, DE XEITO AUTÓNOMO,O QUE MÁIS VOS APETEZA: XORNAL, CONTO, REVISTA...
* RUTINAS:
- O DÍA SEMANA: VOLVO DEIXAR A CACIÓN QUE USAMOS NO COLE PARA QUE POIDADES SEGUIR PRACTICANDO
XOGAMOS TAMÉN COAS LETRAS E OS NOMES DOS DÍAS:
O DÍA DE HOXE É...,ONTE FOI ... E MAÑÁN SERÁ...
DEIXO TAMÉN OS ENLACES ÁS CANCIÓNS DOS DÍAS DA SEMANA E DOS MESES DO ANO, PARA QUE SIGADES REPASANDO E DIVERTÍNDOOS DURANTE AS VACACIÓN
- O TEMPO: SIGUE ALGO TOLIÑO ASÍ QUE MIRADE BENPOLA VENTÁ A VER QUE VOS PARECE
- CALENDARIO: CONTAMOS ATA CHEGAR AO MÉRCORES, DÍA 29 E COLOREAMOS A CELDA DA COR NOS GUSTE
*ASAMBLEA: COMO ONTE ESTIVEMOS TRABALLANDO COS NOMES D@S NOS@S AMIG@S DA CLASE, HOXE PROPÓÑOVOS QUE PENSEDES NUN COMPAÑEIRO OU COMPAÑEIRA EN CONCRETO, ALGUÉN CO QUE VOS GUSTA XOGAR E COMPARTIR O TEMPO. CANDO @ TEÑADES DEBEDES DESCRIBIR A ESE AMIGO OU AMIGA EMPREGANDO ADXETIVOS COMO INTELIXENTE/ DIVERTID@/ CARIÑOS@/ AMABLE/ SIMPÁTIC@/ ,ETC.
EXPLICADE QUE É O QUE MÁIS VOS GUSTA DESA PERSOA, CALES SON OS XOGOS QUE FACEDES XUNT@S, ETC.
TAMÉN PODEDES PEDIR AOS ADULTOS QUE VOS CONTEN O MESMO SOBRE UN DOS SEUS AMIGOS OU AMIGAS.
* EXPRESIÓN ORAL: COMPLETAREMOS A ACTIVIDADE ANTERIOR FACENDO UNHA DESCRIPCIÓN DAS CARACTERÍSTICAS FÍSICAS D@ NOS@ AMIG@.
- SEXO: NENA/NENO
- ESTATURA: ALTA/ MEDIA/ BAIXA
- COMPLEXIÓN: FORTE/ MEDIA/FEBLE
- COR CABELO: LOIRO/ CASTAÑO/ MORENO/ ROXO
- TAMAÑO CABELO. LONGO/ MEDIO/ CURTO
- CALQUERA OUTRA CARACTERÍSTICA QUE RECORDEDES
*EXPRESIÓN PLÁTICA: AGORA QUE XA RECORDASTES AS CARACTERÍSTICAS FÍSICAS IMOS RECOLLELAS NUN DEBUXO D@ NOS@ AMIG@. SERÁ DE CORPOENTEIRO E RECORDADE INCLUÍR CANTOS MÁIS DETALLES MELLOR E FACELO BEN GRANDOTE, PARA QUE SE APRECIE BEN.
*LECTOESCRITURA: DEBEREDES ACOMPAÑAR O DEBUXO CO NOME D@ VOS@ AMIG@. PODESDE POÑELO NA CABECEIRA OU DEBAIXO DO RETRATO. SI VOS RESULTA COMPLICADO PEDÍDELLE A UN ADULTO QUE ESCRIBA AS LETRAS DESE NOME EN PAPELIÑOS E VÓS PEGARÉDELAS POR ORDE.
*EXPERIMENTO: DEIXO UN TITORIAL MOI INTERESANTE POR SI QUEREDES PROBAR A DEBUXAR AO VOS@ AMIGO E QUE O DEBUXO....SEPOÑA A BAILAR!!!!
*PELO (PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL): A MESTRA PAULA DEIXA ESTA PROPOSTA PARA A SESIÓN DE HOXE. PREME AQUÍ
UN DÍA MENOS!!! ATA MAÑÁ!
No hay comentarios:
Publicar un comentario