Páginas

lunes, 11 de mayo de 2020

PROPOSTAS LUNS 11 DE MAIO

BO DÍA A TODAS E A TODOS!!

COMEZAMOS NOVA SEMANA ASÍ QUE......ENERXÍA A TOPE!   IMOS ALÓ!

*  HORA DE LER: ESCOLLEDE UNHA LECTURA, A QUE VOS GUSTE. PODE SER UN XORNAL, REVISTA, CONTO...E ADICÁDELLE 5 MINUTIÑOS A "LER" DE XEITO AUTÓNOMO


* RUTINAS:
  • O DÍA SEMANA:  REPASAMOS A CANCIÓN E ESCOLLEMOS O CARTEL CO NOME DE HOXE,  DE ONTE E DE MAÑÁN, FIXÁNDONOS  NA LETRA INICIAL DE CADA 
RECORDADE QUE PODEDES EMPREGAR TAMÉN ESTA CANCIÓN DE MAMÁ CABRA
  • O TEMPO: OBSERVAR O DÍA POLA VENTÁ E SELECIONAR O DEBUXO CORRESPONDENTE   
                                                         

  • CALEDARIO: CONTADE DENDE O PRINCIPIO ATA CHEGAR AO DÍA DE HOXE, O NÚMERO 11, E COLOREADE A CELDA DA COR QUE PREFIRADES.  
* ASAMBLEA: OS LUNS SEMPRE FALAMOS DE COMO NOS FOI DURANTE A FIN DE SEMANA, SE FIXEMOS ALGO ESPECIAL, SE VISITAMOS ALGÚN SITIO CHULO, AS ACTIVIDADES QUE REALIZAMOS E CO QUEN AS COMPARTIMOS.... AGORA QUE XA PODEDES SAÍR A PASEAR, XOGAR, ETC. DESCRIBIDE QUE FOI O QUE MÁIS VOS GUSTOU DA VOSA FIN DE SEMANA E POR QUÉ.
SI VOS APETECE PODEDES PLASMALO NUN DEBUXO

*MATEMÁTICAS: XA LEVAMOS TEMPO SIN REPASAR AS FORMAS XEOMÉTRICAS, ASÍ QUE HOXE COMEZAREMOS POLO CÍRCULO!
CONVERÉDEVOS EN DETECTIVES E BUSCADE BEN POLA CASA 4 OBXECTOS CON FORMA DE CÍRCULO,A VER SI OS ATOPADES

RECORDADE BEN A SÚA FORMA E O SEU TRAZO, NORMALMENTE EMPEZAMOS NUN PUNTO ARRIBA E TRAZAMOS CIRCULAR COMEZANDO CARA ATRÁS
PODEDES PRACTICAR NA BANDEXA DE SAL OU FARIÑA QUE FIXEMOS, NO CHAN CUN PAU, SOBRE A MESA CO DEDO MOLLADO....
AGORA TRAZA TI UN CÍRCULO GRANDE E OUTRO CÍRCULO PEQUENO NUN PAPEL E LOGO DEBES PUNTEALO DE DIFERENTES CORES

  • CÍRCULO GRANDE: PUNTEA SOBRE O SEU CONTORNO
  • CIRCULO PEQUENO: PUNTEA DENTRO DO CONTORNO



DEIXO ESTA FICHA POR SI ALGUÉN QUERE SEGUIR PRACTICANDO COS CIRCULOS 


*LECTOESCRITURA: XOGAMOS COAS LETRAS DA PALABRA CÍRCULO, PERO DESTA VEZ POR SÍLABAS.          PRIMEIRO ACOMPAÑAMOS CADA SÍLABA CUNHA PALMADA: CÍR - CU - LO E LOGO CONTAMOS CANTAS TEN. PREPARAMOS TANTOS PAPELIÑOS COMO PALMADAS DEMOS E PEDIREMOSA UNA DULTO QUE ESCRIBA UNHA SÍLABA EN CADA UN. AGORA SÓ TEDES QUE ORDEAR OS PAPEIS PARA COMPOÑER A PALABRA.   FIXÁDEVOS MOI BEN NAS VOGAIS QUE XA AS SABEDES,ELAS DARANVOS A PISTA PARA ESCOLLER CORRECTAMENTE.
PODEDES PEGALAS A MODO DE TÍTULO NO PAPEL ONDE FIXESTES OS TRAZOS

*EXPRESIÓN ORAL: DEÍXOVOS ESTE XOGO NO QUE TEDES QUE ESTAR MOI ATENTOS ÁS IMAXES PARA SELECIONAR A RESPOSTA CORRECTA E REMATAR AS FRASES.
CANDO COMPROBEDES QUE A PALABRA É A CORRECTA REPETIDE A FRASE COMPLETA: "LA ABUELA COME UN HELADO DE CHOCOLATE",  "EL GATO HUELE EL PESCADO"...






A PROFE PAULA ACHEGOU ESTE VÍDEO RESUMO DA ACTIVIDADE FÍSICA QUE TOD@S ESTAMOS A FACER ESTES DÍAS NA CASA. AGARDO QUE VOS GUSTE!!




UN  DÍA  MENOS!!!                                   ATA  MAÑÁ!

No hay comentarios:

Publicar un comentario