Páginas

lunes, 18 de mayo de 2020

PROPOSTAS LUNS 18 DE MAIO

BO DÍA A TODAS E A TODOS!!

COMEZAMOS NOVA SEMANA ASÍ QUE......ENERXÍA A TOPE!   IMOS ALÓ!

*  HORA DE LER: ESCOLLEDE UNHA LECTURA, A QUE VOS GUSTE. PODE SER UN XORNAL, REVISTA, CONTO...E ADICÁDELLE 5 MINUTIÑOS A "LER" DE XEITO AUTÓNOMO


* RUTINAS:
  • O DÍA SEMANA:  REPASAMOS A CANCIÓN E ESCOLLEMOS O CARTEL CO NOME DE HOXE,  DE ONTE E DE MAÑÁN, FIXÁNDONOS  NA LETRA INICIAL DE CADA 
RECORDADE QUE PODEDES EMPREGAR TAMÉN ESTA CANCIÓN DE MAMÁ CABRA
  • O TEMPO: OBSERVAR O DÍA POLA VENTÁ E SELECIONAR O DEBUXO CORRESPONDENTE   
                                                         

  • CALEDARIO: CONTADE DENDE O PRINCIPIO ATA CHEGAR AO DÍA DE HOXE, O NÚMERO 18, E COLOREADE A CELDA DA COR QUE PREFIRADES.  
* ASAMBLEA: OS LUNS SEMPRE FALAMOS DE COMO NOS FOI DURANTE A FIN DE SEMANA, SE FIXEMOS ALGO ESPECIAL, SE VISITAMOS ALGÚN SITIO CHULO, AS ACTIVIDADES QUE REALIZAMOS E CO QUEN AS COMPARTIMOS.... CALQUERA CUESTIÓ QUE DEA PÉ A FALAR, A EXPRESARSE ORALMENTE,TENDO QUE ORGANIZAR A IDEAS E CONFECIONAR AS FRASES PARA LOGRAR UN DISCURSO COHERENTE.   DESCRIBIDE QUE FOI O QUE MÁIS VOS GUSTOU DA VOSA FIN DE SEMANA E POR QUÉ.
SI VOS APETECE PODEDES PLASMALO NUN DEBUXO


* ATENCIÓN: HOXE IMOS XOGAR COS PERSONAXES DOS DEBUXOS DE PEPA PIG, SEGURO QUE OS COÑECEDES A TOD@S!
DECIDE O SEU NOME E QUE ANIMAL É CADA UN, LGO FIXÁDEVOS MOI BEN NO SEU CORPO, EN COMO SON.     O XOGO CONSISTE EN RELACIONAR CADA PERSONAXE COA SÚA SOMBRA
PODES IMPRIMIR E FACER OS TRAZOS CON ROTUS OU FACELO DIRECTAMENTE AQUÍ SOBRE A PANTALLA.  SI PREMES NAS FLECHAS PODERÁS AMPLIALO E XOGAR MELLOR. AO REMATAR PREME EN "TERMINADO" E ENVÍAMO A noapiedrahitaabril@edu.xuta.es


*GRAFOMOTRICIDADE:  NESTA ACTIVIDADE QUE PROPOÑO IMOS TRABALLAR AS CORES E OS TRAZOS.  PRECISAREMOS DOUS DADOS QUE PODEDES FACER EN PAPEL SEGUNDO ESTE TITORIAL .NUN DADO PINTAREDES UNHA COR EN CADA CARA,NO OUTRO DADO DIFERENTES TRAZOS (PUNTIÑOS, RAIAS, CRUZ, CURVA, X, ESPIRAL, PICOS, ...)
O XOGO CONSISTE EN LANZAR AO AIRE OS DADOS E REPRESENTAR O TRAZO QUE SAIA DA COR QUE TOCA, POR EXEMPLO PUNTIÑOS AMARELOS, PICOS AZUIS...
A VER QUE CHULOS QUEDAN OS VOSOS PAPEIS CHEOS DE TRAZOS COLORIDOS!!

NOTA: SI SE FAI COMPLICADO ELABORAR OS DADOS,PODEDES FACER O MESMO EN PAPELIÑOS E METELOS EN 2 BOTES DISTINTOS,PARA PODER SACAR UN DE CADA VEZ


*MÚSICA: A PROFE PATRI COLGOU NO BLOG DE MÚSICA UNHA PROPOSTA CON MOTIVO DAS LETRAS GALEGAS. BOTADE UNHA OLLADA E A VER QUE SE VOS OCORRE.  TEDES ESTA SEMANA PARA ENVIALO.    ENLACE AQUÍ


UN  DÍA  MENOS!!!                                                  ATA MAÑÁ!

No hay comentarios:

Publicar un comentario