Páginas

lunes, 25 de mayo de 2020

PROPOSTAS LUNS 25 DE MAIO

BO DÍA A TODAS E A TODOS!!

COMEZAMOS NOVA SEMANA ASÍ QUE......ENERXÍA A TOPE!   IMOS ALÓ!

*  HORA DE LER: ESCOLLEDE UNHA LECTURA, A QUE VOS GUSTE. PODE SER UN XORNAL, REVISTA, CONTO...E ADICÁDELLE 5 MINUTIÑOS A "LER" DE XEITO AUTÓNOMO


* RUTINAS:
  • O DÍA SEMANA:  REPASAMOS A CANCIÓN E ESCOLLEMOS O CARTEL CO NOME DE HOXE,  DE ONTE E DE MAÑÁN, FIXÁNDONOS  NA LETRA INICIAL DE CADA 
RECORDADE QUE PODEDES EMPREGAR TAMÉN ESTA CANCIÓN DE MAMÁ CABRA
  • O TEMPO: OBSERVAR O DÍA POLA VENTÁ E SELECIONAR O DEBUXO CORRESPONDENTE   
                                                         

  • CALEDARIO: CONTADE DENDE O PRINCIPIO ATA CHEGAR AO DÍA DE HOXE, O NÚMERO 24, E COLOREADE A CELDA DA COR QUE PREFIRADES.  
* ASAMBLEA: OS LUNS SEMPRE FALAMOS DE COMO NOS FOI DURANTE A FIN DE SEMANA, SE FIXEMOS ALGO ESPECIAL, SE VISITAMOS ALGÚN SITIO CHULO, AS ACTIVIDADES QUE REALIZAMOS E CO QUEN AS COMPARTIMOS.... AGORA QUE XA PODEDES SAÍR A PASEAR, XOGAR, VISITAR AMIG@S OU AMILIAES,ETC. DESCRIBIDE QUE FOI O QUE MÁIS VOS GUSTOU DA VOSA FIN DE SEMANA E POR QUÉ E PREGUNTADELLE AOS ADULTOS TAMÉN.
SI VOS APETECE PODEDES PLASMALO NUN DEBUXO



* MEMORIA AUDITIVA : IMOS POÑER A PROBA A VOSA ATENCIÓN CON ESTA PROPOSTA. PRIMEIRO DEBEREDES NOMEAR CADA UN DOS OBXECTOS QUE APARECEN NO GRUPO. LOGO PREMEDE NO ALTAVOZ E ESCOITADE CON ATENCIÓN, ACTIVANDO A VOSA MEMORIA. REPETIDE A ESCOITA 2 OU 3 VECES E LOGO INTENTADE SINALAR TODOS OS OBXECTOS QUE ESCOITASTES, A VER SI OS CONSEGUIDES TODOS!  SI RESULTA MOI COMPLICADO PODEDES PEDIRLLE A UN ADULTO QUE VAIA PARANDO O AUDIO.
Memoria auditiva, una ficha interactiva de cristinap
liveworksheets.com




*MOTRICIDADE FINA:  PARA REMATAR O DÍA PODEDES BUSCAR POLA CASA OBXECTOSQUE SIRVAN PARA FACER UN COLLAR! PODEN SER BOTÓNS, MACARRÓNS, FLORES, RECORTES DE RETAIS DE TEA, BOLIÑAS DE PLASTI, ANAQUIÑOS DE CANAS DE BEBER... EMPREGAREDES, CON COIDADO, FÍO E AGULLA PARA IR ENSARTANDO AS PEZAS DE UNHA EN UNHA E CONFECIONAR O COLLAR.

DEIXO ALGÚNS EXEMPLO PARA INSPIRARVOS! 






E A VER VÓS QUE ARTELLADES!!



UN  DÍA  MENOS!!!                                       ATA  MAÑÁ!


No hay comentarios:

Publicar un comentario