AQUÍ VAN AS PROPOSTAS PARA HOXE
*HORA DE LER: ADICADE 5 MINUTOS PARA LER O QUE ESCOLLADES: CONTOS, XORNAL, REVISTA...
*O DÍA DA SEMANA: RECORDAMOS OS NOMES DE TODOS OS DÍAS POR ORDE, SELECIONAMOS O DE HOXE RECOÑECENDO A SÚA INICIAL. BUSCAMOS TAMÉN O DÍA DE ONTE E O DE MAÑÁN.
DEIXO ESTA CANCIÓN POR SI QUEREDES USALA
*O TEMPO: OBSERVAMOS E DECIDIMOS A TARXETA AXEITADA SEGUNDO VEXAMOS O TEMPO.
Apego.gal |
*CALENDARIO:CONTAMOS DENDE O PRINCIPIO ATA O DÍA DE HOXE 28 E COLOREAMOS A CELDA AO GUSTO
* GRAFOMOTRICIDADE: NESTA ACTIVIDADE DEBEREDES INTENTAR SEGUIR OS TRAZOS SIN LEVANTAR A UNTA DO ROTU ATA O FINAL. PEDIDE A UN ADULTO QUE PUNTEE DIFERENTES TRAZOS E REPASÁDEOS.
DEIXO ALGÚNS EXEMPLOS
*MOTRICIDADE FINA: CANDO TEÑADES OS TRAZOS REPASADOS PROBADE A CUBRIR ALGÚN CON PEQUENOS MATERIAIS QUE TEÑADES POLA CASA,TAPANDO TODA A LIÑA QUE TRAZASTES E EMPREGANDO A PINZA DOS DEDOS, COMA SI TIVERADES UN PETEIRO. PODEDES EMPREGAR CALQUERA MATERIAL: BOTÓNS, LENTELLAS, BOLIÑAS DE PAPEL DE ALUMINIO, ETC

*EDUCACIÓN FÍSICA: DEIXOVOS O ENLACE ÁS PROPOSTAS DA PROFE PAULA PARA ESTA SESIÓN. PREME AQUÍ
*PROPOSTA FIN DO PROXECTO "SOMOS AUGA": COMO BEN SABEDES,ESTE ANO O NOSO PROXECTO INTERDISCIPLINAR DO CENTRO ERA A AUGA,TRATANDO O SEU COIDADO, A IMPORTANCIA, O REPARTO DESIGUAL NO MUNDO...
DEBIDO Á SUSPESIÓN DAS CLASES PRESENCIAIS VÉMONOS NA OBRIGA DE MODIFICAR A PROGRAMACIÓN E ADAPTARNOS Á SITUACIÓN ACTUAL PARA PODER FINALIZAR O PROXECTO. É POR ISO QUE VOS ACHEGO A PROPOSTA ELABORADA PARA TODO O ALUMNADO DO COLE PARA QUE VOS ANIMEDES A PARTICIPAR E POIDAMOS PECHAR ASÍ ESTE CURSO TAN ATÍPICO. DEÍXOVOS A INFORMACIÓN NESTE ENLACE
*NOTA: ANQUE ENVIARÁN UNHA CIRCULAR DENDE O CENTRO, XA VOS ADIANTO QUE O MARTES,DÍA 9 DE XUÑO É A VOSA QUENDA, DAS FAMILIAS DE 3 ANOS, PARA ACHEGARSE AO COLE A RECOLLER O MATERIAL. ESTES DÍAS ESTAREINO PREPARANDO, DE XEITO QUE VOS ENTREGARÁN UNHA BOLSIÑA, NA QUE ACHEGO A MUDA, O COXÍN, AS ZAPATILLAS DO PAVILLÓN, A CARPETA COS TRABALLIÑOS DO SEGUNDO TRIMESTRE E MATERIAL D@S ESPECIALISTAS.
UN DÍA MENOS!!! ATA MAÑÁ!
No hay comentarios:
Publicar un comentario