AS PROPOSTAS PARA HOXE SON:
* HORA DE LER: COLLEDE A LECTURA QUE VOS APETEZA E ADICÁDELLE UNS MINUTOS.
* RUTINAS:
- O DÍA SEMANA: VOLVO DEIXAR A CANCIÓN NOVA PARA REPASAR OS DÍAS DA SEMANA
- ESCOLLEDE O CARTEL QUE CORRESPONDE AO DÍA DE HOXE, FIXÁNDOVOS NA INICIAL.NON ESQUEZADES BUSCAR TAMÉN O DO DÍA QUE FOIONTE E O DO DÍA QUE SERÁ MAÑÁN
PODEDES COPIALOS,DESCARGAR AS IMAXES OU DIRECTAMENTE DA PÁXINA Apego.gal
- O TEMPO: ASOMÁMONOS Á VENTÁ OU Á PORTA PARA VER QUE DÍA VAI HOXE. ESCOLLEMOS ENTRE VARIAS OPCIÓNS. AS QUE USAMOS NA CLASE SON AS DE Apego.gal
- CALENDARIO: NESTE RECÉN ESTRENADO MES, O MES DE MAIO, DEBEDES FACER NOVO CALENDARIO! SI AÍNDA NON O TEDES PODEDES PEDIR A UN ADULTO QUE VOS FAGA A PLANTILLA COAS CELDAS OU DESCARGALA DE AQUÍ . (HAI QUE ESCRIBIRLLE OS NÚMEROS)
- DEIXO TAMÉN ESTA CANCIÓN DE MAGÍN BLANCO PARA REPASAR OS NOMES DOS MESE DO ANO
* ASAMBLEA: HOXE FALAREMOS DUNHA PARTE DO NOSO CORPO, OS PÉS. PENSAREMOS NA SÚA FORMA, E EXPLICAREMOS PARA QUÉ NOS SIRVEN, CANTOS TEMOS, SI SON GRANDES OU PEQUENOS, QUE COIDADOS PRECISAN E COMO OS PROTEXEMOS AO CAMIÑAR, ETC
* EXPLORACIÓN: ÍMONOS DESCALZAR E TOCAR OS NOSOS PÉS. ACARICIALOS AMODIÑO E EXPERIMENTADE AS DIFERENTES SENSACIÓNS QUE SE NOTAN.
COA CANCIÓN DE MIGALLAS DE LAVAR AS MANS RECORDAMOS OS NOMES DOS DEDOS. CANTÁDEA E INTENTADE IDENTIFICAR CADA UNHA DAS DEDAS DOS PÉS
*LECTOESCRITURA: DEBEDES ESCRIBIR "O MEU PÉ" NA PARTE SUPERIOR DUN FOLIO, A MODO DE TÍTULO (PODEDES FACELO EN PLURAL "OS MEUS PÉS")
*EXPRESIÓN PLÁSTICA: IMOS FACER AS NOSAS PROPIAS PEGADAS! ESCOLLEDE SI UN SÓ PÉ OU OS DOUS.
DEBAIXO DO TÍTULO ANTERIOR FAREMOS A PEGADA DO NOSO PÉ. SI TEDES NA CASA TÉMPERAS OU PINTURA DE DEDOS, PINTADE CON PINCEL A PLANTA DO PÉ E ESTAMPÁDEA NO PAPEL. RECORDADE CONTAR ATA 10, COMO FACEMOS NA CLASE, ANTES DE LEVANTAR.
SI NON TEDES PODEDES DEBUXALO, ALGO SEMELLANTE A ESTA FORMA,E COLOREAR AO GUSTO.
OUTRA OPCIÓN É PERFILAR O VOSO PROPIO PÉ E LOGO COLOREALO. SI A POSTURA VOS RESULTA COMPLICADA PEDIDE A UN ADULTO QUE VOLO PERFILE
*ATENCIÓN: ESTES CALCETÍNS MESTURÁRONSE NA LAVADORA E HAINOS QUE EMPARELLAR . BUSCA OS QUE SON PARELLA, IGUAIA, ÚNEOS E COLOREA OS DOUS DA MESMA COR
SI NON PODES IMPRIMIR PODES FACER O MESMO CON CALCETÍNS REAIS.MESTURA VARIOS PARES E LOGO EMPARÉLLAOS.
* EDUCACIÓN FÍSICA: NESTE ENLACE DEIXO AS PROPOSTAS DA PROFE PAULA PARA A SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE
UN DÍA MENOS!!! ATA MAÑÁ!
No hay comentarios:
Publicar un comentario