* HORA DE LER: COLLEDE A LECTURA QUE VOS APETEZA E ADICÁDELLE UNS MINUTOS.
* RUTINAS:
- O DÍA SEMANA: VOLVO DEIXAR A CANCIÓN NOVA PARA REPASAR OS DÍAS DA SEMANA
- ESCOLLEDE O CARTEL QUE CORRESPONDE AO DÍA DE HOXE, FIXÁNDOVOS NA INICIAL. NON ESQUEZADES BUSCAR TAMÉN O DO DÍA QUE FOI ONTE E O DO DÍA QUE SERÁ MAÑÁN
PODEDES COPIALOS, DESCARGAR AS IMAXES OU DIRECTAMENTE DA PÁXINA Apego.gal
- O TEMPO: ASOMÁMONOS Á VENTÁ OU Á PORTA PARA VER QUE DÍA VAI HOXE. ESCOLLEMOS ENTRE VARIAS OPCIÓNS. AS QUE USAMOS NA CLASE SON AS DE Apego.gal
- CALENDARIO: CONTADE E BUSCADE NO CALENDARIO A CELDA DO DÍA DE HOXE 6 E COLOREADE COMO MÁIS VOS GUSTE SI AÍNDA NON O TEDES O CALENDARIO NOVO PODEDES PEDIR A UN ADULTO QUE VOS FAGA A PLANTILLA COAS CELDAS OU DESCARGALA DE AQUÍ . (HAI QUE ESCRIBIRLLE OS NÚMEROS)
- DEIXO TAMÉN ESTA CANCIÓN DE MAGÍN BLANCO PARA REPASAR OS NOMES DOS MESE DO ANO
* ASAMBLEA: SEGUIMOS CO TEMA DE ONTE E FALAREMOS DAS PARTES DO PÉ. PODEDES PRIMEIRO TOCAR, MASAXEAR, FACER CÓXEGAS....
QUÉ PARTES DO PÉ COÑECEDES?
DEIXO UNHA IMAXE COAS DIFERENTES PARTES E OS SEUS NOMES. SODES CAPACES DE LOCALIZAR TODAS AS PARTES???
DEIXOO TAMÉN EN CASTELÁN POR SI O QUEREDES EMPREGAR E PARA AMPLIAR VOCABULARIO
*LECTOESCRITURA: XOGAREMOS COS NOMES DAS DISTINTAS PARTES DO PÉ.
QUÉ PARTES DO PÉ COÑECEDES?
DEIXO UNHA IMAXE COAS DIFERENTES PARTES E OS SEUS NOMES. SODES CAPACES DE LOCALIZAR TODAS AS PARTES???
DEIXOO TAMÉN EN CASTELÁN POR SI O QUEREDES EMPREGAR E PARA AMPLIAR VOCABULARIO
*LECTOESCRITURA: XOGAREMOS COS NOMES DAS DISTINTAS PARTES DO PÉ.
- DEBEMOS FIXAROS CALES SON AS LETRAS DE CADA PALABRA E RECOÑECELAS.
- ESCRIBIR CADA PALABRA NUNHA TARXETA OU ANACO DE PAPEL
- BUSCAREMOS O NOME DE CADA PARTE DO PÉ, FIXÁNDONOS MOITO NA INICIAL
- PEGAR CADA NOME NO SEU LUGAR CORRESPONDENTE DA PLANTILLA
SI NON PODEDES IMRIMIR A IMAXE PEDIDE A UN ADULTO QUE VOS FAGA UN DEBUXO COMA ESTA PLANTILLA
E SI AS ETIQUETAS RESULTAN MOI GRANDES TAMÉN UN ADULTO VOS PODE AXUDAR NISO ESCRIBÍNDOO CON LETRA MÁIS PEQUENA
ENVIÁDEME FOTIÑO SI QUEREDES!
ENVIÁDEME FOTIÑO SI QUEREDES!
*ALTERNATIVA: COMO XA SABEMOS QUE OS PÉS SON MOI IMPORTANTES, PORQUE NOS SUXEITAN,NOS TRANSPORTAN, PERMÍTENNOS CAMIÑAR, SALTAR, CORRER...AGORA TEMOS QUE COIDALOS E MIMALOS MOITO PARA QUE SIGAN FACENDO O SEU LABOR. E QUÉ MELLOR CA UNHA MASAXE RELAXANTE PARA CONSEGUILO!
OBSERVA BEN AS INDICACIÓNS QUE SE DAN NO VÍDEO E PONTE A PRACTICAR! SEGURO QUE A VOSA FAMILIA ESTARÁ ENCANTADA DE QUE LLE DEADES UNHA BOA MASAXE NOS PÉS, PERO NON ESQUEZADES QUE TAMÉN TERÁN QUE DARVOS OUTRA A VÓS!
PODEDES GRABALO NUN VÍDEO SI QUEREDES
*GRAFOMOTRICIDADE: ADXUNTO UNHA FICHA PARA QUE PRACTIQUEDES A TRAZAR O CAMIÑO QUE DEBE FACER CADA PÉ DO NENO POLA AREA ATA CHEGAR AO MAR. SEGUIDE AS INSTRUCIONS QUE PON ARRIBA.
RECORDADE A NORMA: PROHIBIDO LEVANTAR O ROTU ATA O FINAL!
SI NON PODEDES IMPRIMIR ÈDIDE A UN ADULTO QUE VOS TRACE UN CAMIÑOCON CURVA, COMA O DA FICHA, E FACEDES OS TRAZOS POR DENTRO, SEGUINDO AS INSTRUCIÓNS.
*PELO (PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL): A PROFE PAULA TRAE PARA HOXE UNHA PROPOSTA MOI DIVERTIDA.
PREMEDE AQUÍ
E ISTO FOI TODO POR HOXE. AGARDO QUE VOS GUSTARAN AS PROPOSTAS!
UN DÍA MENOS!!! ATA MAÑÁ!
No hay comentarios:
Publicar un comentario