Páginas

martes, 5 de mayo de 2020

PROPOSTAS LUNS 4 DE MAIO

BO DÍA A TODAS E A TODOS!

ARRANCAMOS NOVA SEMANA, DESPOIS DESTA LONGA FINDE, ASÍ QUE IMOS A TOPE!

*  HORA DE LER:  ADICADE 5 MINUTIÑOS A LER O QUE MÁIS VOS APETEZA

* RUTINAS:
  • O DÍA SEMANA: DEIXOVOS  UNHA CANCIÓN NOVA PARA REPASAR OS DÍAS DA SEMANA  

  • ESCOLLEDE O CARTEL QUE CORRESPONDE AO DÍA DE HOXE, FIXÁNDOVOS NA INICIAL.NON ESQUEZADES BUSCAR TAMÉN O DO  DÍA QUE FOIONTE E O DO DÍA QUE SERÁ MAÑÁN




PODEDES COPIALOS,DESCARGAR AS IMAXES OU DIRECTAMENTE DA PÁXINA Apego.gal


  • O TEMPO: ASOMÁMONOS Á VENTÁ OU Á PORTA PARA VER QUE DÍA VAI HOXE. ESCOLLEMOS ENTRE VARIAS OPCIÓNS.                                                                           AS QUE USAMOS NA CLASE SON AS DE Apego.gal



  • CALENDARIO: O VENRES COMEZOU UN NOVO MES, O MES DE MAIO, ASÍ DEBEDES FACER NOVO CALENDARIO!                                                                PODEDES PEDIR A UN ADULTO QUE VOS FAGA A PLANTILLA COAS CELDAS OU DESCARGALA DE AQUÍ . (HAI QUE ESCRIBIRLLE OS NÚMEROS)

*ASAMBLEA:  RETOMAMOS O TEMA DAS EMOCIÓNS E HOXE FALAREMOS DUNHA NOVA, A TRISTEZA.     INTENTADE VÓS MESM@S EXPLICAR O QUE É, CANDO A SENTIDES E SI VOS GUSTA OU NON.  OS ADULTOS PODEN COMPARTIR TAMÉN AS SÚAS IDEAS E EXPERIENZAS SOBRE O TEMA, XA SABEDES QUE COMPARTIR ACHEGA E ENRIQUECE.
NESTE VÍDEO PODEREDES COMPROBAR QUE LLE PASA A MON O DRAGÓN E COMPRENDER ALGO MÁIS SOBRE A TRISTURA.




NESTE ENLACE DEIXO INFORMACIÓN INTERESANTE PARA AS FAMILIAS SOBRE ESTA EMOCIÓN E COMO AXUDAR A XESTIONALA


* LECTOESCRITURA: A PALABRA TRISTEZA TEN MOITAS LETRAS, PODEMOS CONTALAS, INTENTAR RECOÑECELAS TODAS E MESMO BUSCAR PALABRAS QUE COMECEN POR CADA UNHA DELAS.  TAMÉN PODEMOS ESCRIBILA COAS NOSAS LETRAS OU, CON CADA LETRA NUN PAPELIÑO, XOGAR A PEGALAS POR ORDE ATA FORMAR A PALABRA    

* EXPRESIÓN PLÁSTICA: REPRESENTADE UNHA CARA TRISTE CO QUE QUEIRADES, PERO RECORDADE INCLUÍR TODAS AS PARTES DA CARA!
DEBUXO







COLLAGE CON RECORTES

TRAZOS NA CAIXA DE SAL/ FARIÑA/ AZÚCRE...

CON MATERIAIS EN 3D

*NOTA: TAMÉN PODEDES ENSAIAR DIANTE DO ESPELLO CÓMO É A VOSA CARA CANDO ESTADES TRISTES. CANDO A TEÑADES FACEDE UNHA FOTIÑO E ENVIÁDEMA.


*EXPRESIÓN ORAL: FACEDE MEMORIA E RECORDADE ALGUNHA OCASIÓN NA QUE VOS SENTISTES TRISTES, CAL FOI O MOTIVO, CANTO TEMPO VOS DUROU, SI VOS GUSTOU SENTIRVOS ASÍ, COMO CONSEGUISTES DEIXAR DE ESTAR TRISTES, QUE OU QUEN VOS AXUDOU, ETC.    SI QUEREDES COMPARTILO PODEDES ENVIAR UNHA GRABACIÓN DE AUDIO.


*HORA DO CONTO: DEÍXOVOS ESTA FERMOSA HISTORIA DE ANA MEILÁN PARA REMATAR A XORNADA.






UN  DÍA  MENOS !!!                                                      ATA  MAÑÁ !

No hay comentarios:

Publicar un comentario