Páginas

martes, 12 de mayo de 2020

PROPOSTAS MARTES 12 DE MAIO

BO DÍA A TODAS E TODOS!

AS PROPOSTAS PARA HOXE SON:

*  HORA DE LER:  COLLEDE A LECTURA QUE  VOS APETEZA E ADICÁDELLE UNS MINUTOS.

* RUTINAS:
  • O DÍA SEMANA: VOLVO DEIXAR A CANCIÓN NOVA PARA REPASAR OS DÍAS DA SEMANA  

  • ESCOLLEDE O CARTEL QUE CORRESPONDE AO DÍA DE HOXE, FIXÁNDOVOS NA INICIAL.NON ESQUEZADES BUSCAR TAMÉN O DO  DÍA QUE FOI ONTE E O DO DÍA QUE SERÁ MAÑÁN




PODEDES COPIALOS,DESCARGAR AS IMAXES OU DIRECTAMENTE DA PÁXINA Apego.gal


  • O TEMPO: ASOMÁMONOS Á VENTÁ OU Á PORTA PARA VER QUE DÍA VAI HOXE. ESCOLLEMOS ENTRE VARIAS OPCIÓNS.                                                                           AS QUE USAMOS NA CLASE SON AS DE Apego.gal



  • CALENDARIO: CONTA AS CELDAS DENDE O 1 ATA CHEGAR AO DÍA DE HOXE, 12. LOGO COLOREA AO TEU GUSTO
  • DEIXO TAMÉN ESTA CANCIÓN DE MAGÍN BLANCO PARA REPASAR OS NOMES DOS MESE DO ANO



* ASAMBLEA: HOXE CELÉBRASE O DÍA INTERNACIONAL DA ENFERMEIRA E DO ENFERMEIRO,ASÍ QUE FALAREMOS DESE TEMA TOCANDO PUNTOS COMO:

  • EN QUE CONSISTE O SEU TRABALLO?
  • DONDE TRABALLAN?
  • PODEN SER CHICAS E CHICOS?
  • COÑECES A ALGÚN/ALGUNHA?
  • GUSTARÍACHE TER ESTA PROFESIÓN? POR QUE?
  • XOGACHE A SER ENFERMEIR@ ALGUNHA VEZ?
  • CALQUERA OUTRA CUESTIÓN QUE @S INCENTIVE A EXPRESARSE
 *EXPRESIÓN ORAL - VOCAULARIO: SABERÍAS DECIR OS NOMES DE TODAS ESTAS FERRAMENTAS QUE EMPREGAN @S ENFERMEIR@S?  E PARA QUE O UTILIZAN, SÁBELO?
BATA

MÁSCARA / MASCARILLA

ESTETOSCOPIO

CADEIRA DE RODAS / SILLA DE RUEDAS

MULETAS

TESOURA  / TIJERA

XAROPE / JARABE

PÍLULAS / PASTILLAS

ESPARADRAPO

GASAS

DESINFECTANTE

TERMÓMETRO


DEPRESOR

XERINGA / JERINGUILLA

MALETÍN

LUBAS / GUANTES

APÓSITO / TIRITA

PODES COMPLETAR A ACTIVIDADE ENVIANDO UN AUDIO CON TODOS ESTES NOMES QUE COÑEZAS OU EXPLICANDO CÓMO SE EMPREGAN E PARA QUÉ.


*XOGO SIMBÓLICO: SUXIRO QUE VOS CONVIRTADES EN ENFERMEIR@S E QUE XOGUEDES A COIDAR OU CURAR A UN ADULTO OU A UN XOGUETE QUE TEÑADES.
SI QUEREDES PODEDES ENVIARME UN PEQUENO VÍDEO OU UNHA FOTIÑO.

*EXPRESIÓN ARTÍSTICA: DEBUXADE A UN ENFERMEIRO OU A UNHA ENFERMEIRA FACENDO O SEU TRABALLO.
RECORDADE INCLUÍR TODAS AS PARTES DO CORPO: CABEZA, CORPO, PERNAS, PES, BRAZOS E MANS E TAMÉN AS PARTES DA CARA QUE XA COÑECES
PODEDES INCLUÍR ALGUNHAS DAS FERRAMENTAS QUE VISTES ANTES

*LECTOESCRITURA: PODES COMPLETAR ORDENANDO SÍLABAS (QUE ESCRIBIRÁ UN ADULTO  EN PAPELIÑOS ) ATA COMPLETAR A PALABRA EN - FER - MEI- RA.

*EDUCACIÓN FÍSICA: DEIXO AS PROPOSTAS QUE ME ENVIOU A PROFE PAULA PARA ESTAS SESIÓNS AQUÍ

*LETRAS GALEGAS:  O VINDEIRO DOMINGO CELEBRARASE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, QUE ESTE ANO SE LLE ADICA A RICARDO CARVALHO CALERO
DEIXO UNS ENLACES PARA QUE VOS VAIADES FAMILIARIZANDO CO AUTOR E A SÚA OBRA E MAÑÁN SUBIREI A PROPOSTA QUE SE FAI DENDE O DEPARTAMENTO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO CENTRO PARA ESTA FESTIVIDADE.
ACTIVIDADES EN LIÑA

ACTIVIDADES PARA IMPRIMIR
*HORA DA PELI: REMATAMOS CON ESTE CAPÍTULO DE TEO E A SÚA AVENTURA COA ENFERMEIRA QUEO COIDA.


UN DÍA MENOS!!!                                          ATA MAÑÁ!

No hay comentarios:

Publicar un comentario