HOXE REMATAMOS A SEMANA ASÍ QUE IMOS ALÓ, CON GANAS!
HORA DE LER: "LEMOS" DE XEITO AUTÓNOMO E SILENCIOSO DURANTE 5 MINUTIÑOS A LECTURA QUE ESCOLLAMOS E EN CALQUERA.FORMATO.
* RUTINAS:
- O DÍA SEMANA: VOLVO DEIXAR A CACIÓN QUE USAMOS NO COLE PARA QUE NON SE NOS ESQUEZA!
XOGAMOS TAMÉN COAS LETRAS E OS NOMES DOS DÍAS:
O DÍA DE HOXE É...,ONTE FOI ... E MAÑÁN SERÁ...
DEIXO TAMÉN OS ENLACES ÁS CANCIÓNS DOS DÍAS DA SEMANA E DOS MESES DO ANO, PARA QUE SIGADES REPASANDO E DIVERTÍNDOOS DURANTE AS VACACIÓN
- O TEMPO: ANDA ALGO REVOLTO, FIXÁDEVOS BEN CÓMO ESTÁ HOXE E SELECIONADE O CARTEL AXEITADO.
- CALENDARIO: CONTAMOS ATA CHEGAR AO VENRES, DÍA 8 E COLOREAMOS A CELDA COMO NOS GUSTE
* ASAMBLEA: PARA REMATAR ESTA SEMANA NA QUE FALAMOS DOS PES E DO CALZADO,IMOS FALAR DOS ZAPATOS E AS SÚAS PARTES. COÑECEDES O NOME DALGUNHA PARTE DOS ZAPATOS?? AQUÍ VOS DEIXO UNHA IMAXE PARA RECOÑEZADES AS PARTES, A LOCALIZACIÓN E OS NOMES.
* LECTOESCRITURA: HOXE TRABALLAREMOS COA PALABRA ZAPATO E AS SÚAS LETRAS.DEIXO VARIAS IDEAS:
É SUFIENTE CON RECOÑECER E IDENTIFICAR:
- PUNTEIRA
- SUELA
- TACÓN
- PLANTILLA
- LENGUETA
- CORDÓN
BUSCADE UN DOS VOSOS ZAPATO E LOCALIZADE ALGUNHA DAS PARTES QUE IRÁ NOMEANDO UN ADULTO
* LECTOESCRITURA: HOXE TRABALLAREMOS COA PALABRA ZAPATO E AS SÚAS LETRAS.DEIXO VARIAS IDEAS:
- PEGAR POR ORDEN OS PAPELIÑOS COAS SÍLABAS ZA - PA - TO
- O ADULTO ESCRIBE AS CONSOANTES Z _ P _ T _ E @ NEN@ COMPLETA ESCRIBINDO AS VOGAIS CORRESPONDENTES.
- PEGAR PAPELIÑOS COAS LETRAS SOLTAS ATA FORMAR A PALABRA.
- ESCRIBIR ZAPATO COAS PROPIAS LETRAS
*ATENCIÓN: TEDES QUE FIXARVOS BEN E BUSCAR AS PARELLAS DE ZAPATOS IGUAIS. UNÍDEOS MEDIANTE UN TRAZO CONTINUO, CADA PAR CUN TRAZO DE COR DIFERENTE. LOGO COLOREA COMO MÁIS CHE GUSTE, PERO RECORDA QUE OSZAPATOS DE CADA PAR DEBEN SER IGUAIS.
* MATEMÁTICAS: HOXE IMOS FACER UNHA SERIE DE 2 ELEMENTOS E,COMO ESTAMOS FALANDO DE ZAPATOS, IMOS EMPREGAR CALZADO PARA REALIZALA. BUSCAREMOS VARIOS PARES DE 2 TIPOS DE CALZADO: DE ADULTO E DE NEN@ E COLOCARÉMOLOS EN RINGLEIRA, POLO CORREDOR POR EXEMPLO, ALTERNANDO ZAPATO GRANDE - ZAPATO PEQUENO - ZAPATO GRANDE - ZAPATO PEQUENO... E REPETIR AS VECES QUE QUEIRADES.
SI HAI ALGUNHA NENA OU NENO MÁIS ATREVID@, PODEDES AMPLIAR A SERIE A 3 ELEMENTOS,POR EXEMPLO: UN ZAPATO MEU - UN ZAPATO DE MAMÁ - UN ZAPATO DE PAPÁ (PEQUENO - MEDIANO - GRANDE) E REPETIR MOITAS VECES FACENDO UNHA RINGLEIRA LONGA
* HORA DO CONTO: XA QUE ESTAMOS CON ESTE TEMA, DEÍXOVOS ESTE POEMA MUSICADO "ZAPATO", ESCRITO POR ANTONIO RUBIO E ILUSTRADO POR ÓSCAR VILLÁN QUE EDITOU KALANDRAKA. SEGURO QUE VOS GUSTA, XA QUE PERTENCE Á COLECCIÓN "DA CUNA ÁLÚA" DA QUE XA LEVAMOS TRABALLADO OUTROS TÍTULOS NA CLASE.
PRACTICADE A CANTAR, QUE SEGURO QUE A APRENDEDES PRONTO E, SI QUEREDES, ENVIÁDEME O VÍDEO OU O AUDIO PARA QUE POIDA COMPROBAR O BEN QUE O FACEDES
(PARA CANTAR VÓS, PODEDES POÑER O VÍDEO DO CONTO EN SILENCIO, PARA PODER GUIARVOS POLAS ILUSTRACIÓNS)
*EDUCACIÓN MUSICAL: DEIXO O ENLACE AO BLOG DE MÚSICA DO COLE, DONDE A PROFE PATRICIA VOS DEIXA UNHA PROPOSTA PARA HOXE. PREME AQUÍ
* HORA DE LER FIN DE SEMANA: DEIXO POR AQUÍ UN DIVERTIDO CONTO PARA QUE O DESFRUTEDES ESTA FIN DE SEMANA.
PASÁDEO MOI BEN E VOLVEMOS O LUNS!
UN DÍA MENOS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario