Páginas

miércoles, 20 de mayo de 2020

PROPOSTAS MÉRCORES 20 DE MAIO

BO DÍA A TODAS E A TODOS!

AS PROPOSTAS PARA HOXE SON:

*  HORA DE LER:  COLLEDE A LECTURA QUE  VOS APETEZA E ADICÁDELLE UNS MINUTOS.

* RUTINAS:
  • O DÍA SEMANA: VOLVO DEIXAR A CANCIÓN NOVA PARA REPASAR OS DÍAS DA SEMANA  

  • ESCOLLEDE O CARTEL QUE CORRESPONDE AO DÍA DE HOXE, FIXÁNDOVOS NA INICIAL.NON ESQUEZADES BUSCAR TAMÉN O DO  DÍA QUE FOI ONTE E O DO DÍA QUE SERÁ MAÑÁN




PODEDES COPIALOS,DESCARGAR AS IMAXES OU DIRECTAMENTE DA PÁXINA Apego.gal


  • O TEMPO: ASOMÁMONOS Á VENTÁ OU Á PORTA PARA VER QUE DÍA VAI HOXE. ESCOLLEMOS ENTRE VARIAS OPCIÓNS.                                                                           AS QUE USAMOS NA CLASE SON AS DE Apego.gal



  • CALENDARIO: CONTA AS CELDAS DENDE O 1 ATA CHEGAR AO DÍA DE HOXE, 20. LOGO COLOREA AO TEU GUSTO
  • DEIXO TAMÉN ESTA CANCIÓN DE MAGÍN BLANCO PARA REPASAR OS NOMES DOS MESE DO ANO



* ASAMBLEA: ONTE FALAMOS DA FROITAS E HOXE PROPOÑO QUE FALEMOS DOS FROITOS SECOS. SE DIFERENCIAN EN QUE NON SOLTAN ZUME CANDO SE PELAN E VEÑEN CUBERTOS  OU PROTEXIDOS CUNHA CASCA, XERALMENTE DURA E NON COMESTIBLE.   PROPÓÑOVOS ESTE XOGO, OBSERVADE E A VER CANTOS FROITOS RECOÑECEDES!






















 RECORDADE QUE PODEDES COMER FROITOS SECOS,QUE ADEMAIS SON MOI SANS E APORTAN MOITASPROTEÍNAS, PERO SEMPRE BAIXO SUPERVISIÓN DE UN ADULTO E MASTIGANDO MOITÍSIMO,PARANON ATRAGOARSE!

*LECTOESCRITURA: ESCOLLE O FROITO SECO QUE MÁIS CHE GUSTE E DEBÚXAO. LOGO PIDE A UN ADULTO QUE CHE AXUDE A ESCRIBIR OU QUE ESCRIBA CADA LETRA NUN PAPELIÑO E XOGA A COMBINALAS ATA FORMAR O SEU NOME. PODEDES SIMPLIFICAR ESCRIBINDO POR SÍLABAS.


*EXPRESIÓN ARTÍSTICA: SI TEDES ALGÚN FROITO SECO POLA CASA PODEDES PROBAR A INVENTAR ALGO CON ELES: DEBUXARLLE ALGO, POÑERLLE ALAS, PINTALOS, FACERLLE OLLOS... DEIXO ALGUNHAS INSPIRACIÓNS




















*PELO (PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL):  ESTA É A PROPOSTA QUE NOS ACHEGA HOXE A PROFE PAULA.PREME AQUÍ



*MÚSICA: RECORDADE A PROPOSTA DA ROFE PATRI  CON MOTIVO DAS LETRAS GALEGAS. BOTADE UNHA OLLADA E A VER QUE SE VOS OCORRE.  TEDES ESTA SEMANA PARA ENVIALO.    ENLACE AQUÍ


*HORA DO CONTO: HOXE DEÍXOVOS ESTE CONTIÑO DO RATO FRÉDERICK. VEREDES A QUE SE ADICABA ESTE PILLABÁN MENTRES OS SEUS COMPAÑEIROS RECOLLÍAN FROITOS SECOS PARA PASAR O INVERNO. AGARDO QUE VOS GUSTE!!




UN  DÍA  MENOS!!!                                                           ATA  MAÑÁ!

No hay comentarios:

Publicar un comentario