Páginas

martes, 26 de mayo de 2020

PROPOSTAS MARTES 26 DE MAIO


BO DÍA A TODAS E TODOS!

AS PROPOSTAS PARA HOXE SON:

*  HORA DE LER:  COLLEDE A LECTURA QUE  VOS APETEZA E ADICÁDELLE UNS MINUTOS.

* RUTINAS:
  • O DÍA SEMANA: VOLVO DEIXAR A CANCIÓN NOVA PARA REPASAR OS DÍAS DA SEMANA  

  • ESCOLLEDE O CARTEL QUE CORRESPONDE AO DÍA DE HOXE, FIXÁNDOVOS NA INICIAL.NON ESQUEZADES BUSCAR TAMÉN O DO  DÍA QUE FOI ONTE E O DO DÍA QUE SERÁ MAÑÁN




PODEDES COPIALOS,DESCARGAR AS IMAXES OU DIRECTAMENTE DA PÁXINA Apego.gal


  • O TEMPO: ASOMÁMONOS Á VENTÁ OU Á PORTA PARA VER QUE DÍA VAI HOXE. ESCOLLEMOS ENTRE VARIAS OPCIÓNS.                                                                           AS QUE USAMOS NA CLASE SON AS DE Apego.gal



  • CALENDARIO: CONTA AS CELDAS DENDE O 1 ATA CHEGAR AO DÍA DE HOXE, 26. LOGO COLOREA AO TEU GUSTO
  • DEIXO TAMÉN ESTA CANCIÓN DE MAGÍN BLANCO PARA REPASAR OS NOMES DOS MESE DO ANO



* ASAMBLEA: O PASADO VENRES,CANDO NOS CONECTAMOS POR VIDEOCHAMADA, PUIDEMOS VOLVER A VER E FALAR CON ALGÚNS D@S COMPAÑEIR@S, QUE XA FACÍA MOITO QUE NON COMPARTIAMOS O NOSO TEMPO!!
NO COLE TEMOS VARIOS LISTADOS COS NOMES DE TOD@S, PASAMOS LISTA, REPARTIMOS OS CALENDARIOS, ETC. XA TIÑAMOS CONTROLADOS OS NOMES D@S AMIG@S ASÍ QUE IMOS REPASALOS!
PREME NA ICONA DO MEGÁFONO E ESCOITA O NOME, LOGO BUSCAO NO LISTADO DA DEREITA E, CANDO O TEÑAS LOCALIZADO, UNE OS PUNTOS.
PODES COMPLETALO DICINDO A LETRA INICIAL OU DELETREANDO O NOME COMPLETO

NOMES



*MATEMÁTICAS: HOXEIMOS REPASAR TAMÉN O NÚMERO 4! NO COLE XA EMPEZARAMOS A CONTAR, AGRUPAR E TRAZAR ESTE NÚMERO ASÍ QUE SEGURO QUE O RECORDADES.
FIXÁDEVOS EN MON O DRAGÓN COMO FAI O TRAZO




COMA SEMPRE, COLLEMOS O ROTU FACENDO PINZA COS DEDOS POLGAR E ÍNDICE E QUE DESCANSE SOBRE O DEDO CORAZÓN. ACORDÁDEVOS DE FACER UN PETEIRO COS DEDOS E PÍO, PÍO, PÍO, PINICAMOS NO ROTU.
COMEZAMOS NO PUNTIÑO E NON LEVANTAMOS O ROTU ATA CHEGAR AO FINAL, SEGUINDO ESTES PASOS

  • ROTU ENRIBA DO PUNTIÑO
  • IMOS ABAIXO  -  STOP
  • IMOS ADIANTE  - STOP
  • SUBIMOS - STOP
  • EBAIXAMOS POLO MESMO CAMIÑO ATA  ABAIXO DE TODO
AGORA PRACTICA!  SI PODES IMPRIME ESTA FICHA E SI NON PIDE AUN ADULTO QUE PUNTEE OS NÚMEROS 4 E REPÁSAOS. TAMÉN PODES PROBAR A FACELOS TI SOIÑ@!  FAI UN PUNTIÑO E EMPEZA SEGUINDO OS PASOS ANTERIORES.

LOGO BUSCA OBXECTOS POLA CASA E FAI 2 GRUPOS DE 4 ELEMENTOS CADA UN.


*EDUCACIÓN FÍSICA: A PROFE PAULA ACHEGA NOVAS PROPOSTAS DE ACTIVIDADE FÍSICA PARA ESTAS SESIÓNS. PREME AQUÍ



UN  DÍA  MENOS!!!                                          ATA  MAÑÁ!                

No hay comentarios:

Publicar un comentario