AS PROPOSTAS PARA HOXE SON:
* HORA DE LER: "LEMOS" DE XEITO AUTÓNOMO E SILENCIOSO DURANTE 5 MINUTIÑOS A LECTURA QUE ESCOLLAMOS E EN CALQUERA FORMATO.
* RUTINAS:
- O DÍA SEMANA: VOLVO DEIXAR A CACIÓN QUE USAMOS NO COLE PARA QUE NON SE NOS ESQUEZA!
XOGAMOS TAMÉN COAS LETRAS E OS NOMES DOS DÍAS:
O DÍA DE HOXE É...,ONTE FOI ... E MAÑÁN SERÁ...
DEIXO TAMÉN OS ENLACES ÁS CANCIÓNS DOS DÍAS DA SEMANA E DOS MESES DO ANO, PARA QUE SIGADES REPASANDO E DIVERTÍNDOOS DURANTE AS VACACIÓN
- O TEMPO: ANDA ALGO REVOLTO, FIXÁDEVOS BEN CÓMO ESTÁ HOXE E SELECIONADE O CARTEL AXEITADO.
- CALENDARIO: CONTAMOS ATA CHEGAR AO MARTES, DÍA 19 E COLOREAMOS A CELDA COMO NOS GUSTE
* ASAMBLEA: HOXE MARTES, NO COLE MERENDARIAMOS FROITA, POR ISO HOXE FALAREMOS DELAS. PÓDENSE TRATAR VARIOS ASPECTOS COMO A IMPORTANCIA DE COMELA A DIARIO, OS DINTINTOS TIPOS QUE COÑECEMOS, CALES NECESITAN PELARSE E CALES SE PODEN COMER COA PEL, SI SE PODEN COCIÑAR, CAL É A NOSA FAVORITA, ETC... CALQUERA OUTRA CUESTIÓN QUE MOTIVE A EXPRESIÓN ORAL.
* VOCABULARIO: OBSERVA AS IMAXES E NOMEA TODAS AS FROITAS QUE COÑEZAS
(SI QUERES PODES ENVIARME VÍDEO OU AUDIO)
AGORA EMPEZA DE NOVO E INTENTA AVERIGUAR CAL É A SÚA INICIAL, A LETRA POLA QUE COMEZA CADA FROITA
*MATEMÁTICAS: APROVEITAMOS O ÁLBUME ANTERIOR E CONTAMOS CANTAS FROITAS HAI. LOGO VOLVE CONTAR PERO SÓ POR CORES E APUNTA NUN PAPEL
- CON COR VERMELLA CANTAS FROITAS HAI VERMELLAS
- CON COR AMARELA CANTAS FROITAS HAI AMARELAS
- CON COR VERDE CANTAS FROITAS HAI VERDES
- IGUAL CON TODAS AS CORES DAS QUE VEXAS FROITAS
* EXPRESIÓN PLÁSTICA: DEBUXA A TÚA FROITA FAVORITA, COLOREA DA COR CORRESPONDENTE E ENGÁDELLE ALGÚN DETALLE (FOLLA, MARCAS DA PEL, DEBUXO DO INTERIOR, RAMA OU ÁRBORE...)
*LECTOESCRITURA: PIDE A UN ADULTO QUE ESCRIBA CADA LETRA DA TÚA FROITA FAVORITA NUN PAPEL E XOGA A COMPOÑER O SEU NOME. CANDO O TEÑAS PÉGAO NO DEBUXO DE ANTES
*ATENCIÓN: HOXE XOGAMOS CON FROITAS! REPASA OS NOMES DE TODAS E A SÚA COR, LOGO UNE
Une cada fruta con su color
AO REMATAR ENVÍAMO A noapiedrahitaabril@edu.xunta.es.
SI DA PROBLEMASENVÍA UNHA CAPTURA DE PANTALLA
*RECEITA: SEGURO QUE TEDES FROITA NA CASA ASÍ QUE PROPOÑO, SI VOS APETECE, QUE SEXADES COCIÑEIR@S ARTISTAS E VOS AVENTUREDES A ELABORAR ALGUNHA CREACIÓN CON FROITA SEMELLANTE ÁS DAS IMAXES. A VER QUE SE VOS OCORRE! E LOGO....A PAPALO TODIÑO!!
UN DÍA MENOS!!! ATA MAÑÁ
No hay comentarios:
Publicar un comentario